Arqueoloxía en monodose: "Na procura das orixes do monacato na Ribeira Sacra: O mosteiro de San Xoán de Camba” por Manuel García Cabo

Arqueoloxía en monodose: "Na procura das orixes do monacato na Ribeira Sacra: O mosteiro de San Xoán de Camba” por Manuel García Cabo

A intervención «Na procura das orixes do monacato na Ribeira Sacra: O mosteiro de San Xoán de Camba», impartida por Manuel García Cabo, presentou os resultados das campañas de escavación no xacemento. As sondaxes iniciais amosaron resultados non diagnósticos, revelando estruturas murarias, tumbas, algunhas destruída por muros medievais. As campañas de 2024 e 2025 ampliando a área de escavación, documentaron 22 enterramentos rompendo un pavimento de opus signinum, un canal de desagüe e diversos bens mobles como unha tégula con grafito, unha xerra trilobulada medieval ou unha fibela de cinto.

O estudo con xeorradar localizou 31 tumbas máis, restos da portada da igrexa medieval e grandes anomalías férricas, confirmando que a necrópole rodea o templo ata a súa fachada. Os datos apuntan a un edificio xermánico dos séculos VII-VIII, destruído violentamente e reutilizado no século IX coa fundación do mosteiro de Camba.