A intervención «Da arquitectura á arqueoloxía des igrexas altomedievais hispánicas (séculos VIII-X)», impartida por María Ángeles Utrero Agudo, abordou o período altomedieval como un espazo de convivencia e tensión entre a cultura islámica e a cristiá, co 711 como punto de inflexión na evolución construtiva. Fronte á visión belicosa, subliñouse a intensa actividade arquitectónica: só na metade norte peninsular documentáronse máis de 1.100 mosteiros entre os séculos VIII e X, entre estes destacan grupos de igrexas con características comúns e diferenciábeis, resultado de talleres itinerantes que respondían á demanda local combinando tradicións construtivas cristiás e islámicas. A Reforma Gregoriana marca o límite posterior deste período, introducindo innovacións que darán paso ao románico.
Destacouse a renovación metodolóxica que supuxo a arqueoloxía da arquitectura e a lectura de paramentos nos anos 90 do século pasado, permitindo ler os edificios como documentos estratigráficos con múltiples etapas cronolóxicas, máis alá da historia da arte ou das fontes escritas.