José María Eguileta abordou a evolución dos enterramentos romanos en Ourense, centrando a atención nas tumbas tardorromanas atopadas na cidade. Explicou que, aínda que a Lei das XII Táboas prohibía enterrar ou incinerar dentro das urbes, esta norma foi quedando obsoleta, o que xustifica a presenza de sepulturas no espazo urbano ourensán.
Busca
Aviso importante
O martes 18 de novembro de 2025 por cuestións técnicas a exposición "Escolma de Escultura" (Rúa da Granxa, Campo de San Francisco, 32005 Ourense) permanecerá pechada todo o día.
Grazas pola súa comprensión e desculpen as molestias.
Mércores 19 de novembro
-12:00h Presentación da Tabula polos alumnos do IES Celso Emilio Ferreiro
-19:30h Conferencia “A Tabula Hospitalis de Castromao” por Eduardo Breogán Nieto Muñiz (Arqueólogo municipal de Celanova), en Casa dos Poetas, Rúa Manuel Curros Enríquez, 37
O profesor Carrera explicou que os dólmenes funcionaban como auténticos marcadores do territorio, espazos complexos cun simbolismo que se intensifica cando as súas lousas están decoradas. A arte parietal, xa sexa gravado ou pintado, transmite un mensaxe ancestral de gran valor patrimonial.
Aviso importante
O sábado 22 de novembro de 2025 por cuestións técnicas a exposición "Escolma de Escultura" (Rúa da Granxa, Campo de San Francisco, 32005 Ourense) so estará aberta ao público entre as 9 e as 14 horas.
Grazas pola súa comprensión e desculpen as molestias.
A conferencia “Evolución arquitectónica do edificio do Museo Arqueolóxico”, impartida por Francisco Fariña Busto e Eduardo Breogán Nieto Muñíz, pechou o ciclo Arqueoloxía en Monodosis 2025, agradecemos a gran acollida do ciclo. Lembramos tamén que pronto comezará o Ciclo de Cine Arqueolóxico no Cineclube Padre Feijoo.
O pasado día 19 de novembro o MAPOU, en colaboración co IES Celso Emilio Ferreiro e o Concello de Celanova, celebrou os 55 anos do descubrimento da Tabula Hospitalis de Castromao.
Este mes de novembro, no marco dos eventos de conmemoración polo 55 aniversario do descubrimento da Tabula Hospitalis de Castromao, o MAPOU colaborou co claustro do IES Celso Emilio Ferreiro de Celanova para trasladar ao alumnado deste a importancia do seu patrimonio e para que poidan coñecelo de primeira man.
Esta cachimba de arxila aparece fragmentada durante unha escavación arqueolóxica que se deu entre os anos 2023 e 2025 no Camiño Real de acceso á fortaleza de Monterrei. O estudo identifica este fragmento como parte dunha pipa holandesa do tipo “Xonás e a balea”, un motivo moi popular nos Países Baixos desde o século XVII. Presenta tamén marcas dun fabricante pouco documentado, do que só se coñecen dous paralelos: un exemplar atopado en Gouda e outro nas escavacións da igrexa da Concepción en Tenerife.
Esta semana en colaboración co Cineclube Padre Feijoo o MAPOU presenta a Semana de Cine Arqueolóxico:
- 2 de decembro: Homo Sapiens, as novas orixes (Julien Olivier, Francia, 2020)
Presentada por Mikel Díaz Rodríguez (profesor de Prehistoria Uvigo)
A través da colección do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense podemos facer un percorrido polas diferentes culturas e pobos que ocuparon o territorio da actual provincia de Ourense ao longo da súa historia. Dentro da variedade da súa colección, unha das series significativas do museo é da arte prerrománica.
A Casa de Galicia en Madrid acolle a exposición “Arte Prerrománico en Ourense”, unha mostra do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense comisariada por Avelino Rodríguez.
Os recortes de letras capitulares que hoxe se conservan no Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense proceden de libros monásticos dos séculos XVI e XVII. Estas letras, realizadas con gran calidade técnica e seguindo modelos caligráficos como os de Juan de Icíar, permiten coñecer os materiais, as tintas, as cores e os métodos de traballo de escribas e iluminadores, así como reconstruír parcialmente libros hoxe desaparecidos.
Aviso importante
O sábado 24 de xaneiro de 2026 por cuestións técnicas a exposición "Escolma de Escultura" (Rúa da Granxa, Campo de San Francisco, 32005 Ourense) so estará aberta ao público entre as 9 e as 15 horas. O domingo 25 permanecerá pechada todo o día.
Grazas pola súa comprensión e desculpen as molestias.
A peza estudada é unha cabeza antropomorfa tallada en granito procedente do xacemento galaico-romano da Cidbá de Armea (Allariz, Ourense). Foi atopada na campaña de escavación de 2021 nun nivel asociado ao abandono da primeira ocupación do asentamento, datado a comezos do século I d. C.
O vindeiro venres 6 de febreiro ás 19:30, coa colaboración do Cineclub Padre Feijóo, retomaremos brevemente o cinema arqueolóxico.
As pesas de tear tardorromanas do Conxunto Arqueolóxico-Natural de Santomé (Ourense), datadas entre finais do século IV e comezos do V d. C., evidencian a importancia da produción téxtil doméstica na Gallaecia tardía. Estas pezas cerámicas, pertencentes a un tear vertical, documentan unha actividade esencial na economía rural e permiten analizar o papel central das mulleres na transmisión de saberes, no sostemento da comunidade e nas estratexias de coidado durante a transición á Alta Idade Media.
En outubro de 1971 José Suárez Fernández (1902-1974), a quen se dedica o Día das Artes Galegas deste ano 2026, fai a súa derradeira exposición no Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense. Despois de ter exposto por todo o mundo era paradoxalmente a primeira vez que o facía en Ourense. Presentou unha mostra das súas coleccións fotográficas realizadas ao longo da súa traxectoria dende os anos 30, obra cun carácter moi singular dentro da fotografía histórica galega.
As visitas guiadas á exposición «Escolma de Escultura» 2026 atópanse xa dispoñibles. As visitas estarán abertas entre o 14 de abril e o 5 de setembro de 2026.
As visitas organizaranse en grupos de entre 5 e 25 persoas e terán unha duración aproximada de 45 minutos.
Esta placa de cinto foi atopada no conxunto arqueolóxico de As Chás Castelo de Lobarzán, en Oímbra, un dos xacementos máis relevantes para o coñecemento da historia da comarca do Alto Támega. Cronoloxicamente, a peza pertence ao período inicial da fortaleza, datado no ano 996, a cal se construíu para articular o territorio baixo o seu control e para unha posible defensa fronte a ameazas externas.
Paxinación
- First page
- Páxina anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- Páxina Seguinte
- Last page