Arqueoloxía en monodose: “Arte parietal megalítica en Galicia, unha breve presentación” por Fernando Carrera Ramírez

Arqueoloxía en monodose: “Arte parietal megalítica en Galicia, unha breve presentación” por Fernando Carrera Ramírez

O profesor Carrera explicou que os dólmenes funcionaban como auténticos marcadores do territorio, espazos complexos cun simbolismo que se intensifica cando as súas lousas están decoradas. A arte parietal, xa sexa gravado ou pintado, transmite un mensaxe ancestral de gran valor patrimonial.

A técnica variaba segundo a dureza da pedra: podía gravarse, pintar sobre o suco ou aplicar pintura directamente. A Anta dos Muiños mostra capas sucesivas de pintura simple (vermella) e complexa (amarela sobre caolín), con motivos como antropomorfos e ondulados que representan túnicas. Estes repintados indican reutilizacións e longos períodos de uso.

As análises identifican pigmentos negros feitos con carbón e aglutinantes orgánicos como graxa láctica, probando a existencia de gando vacún cara ao 3500 a.C. e o aproveitamento dos chamados produtos secundarios (por exemplo, obter manteiga do leite). As datacións amplían o horizonte do megalitismo ata finais do III milenio. O relator insistiu na necesidade de divulgar e protexer este patrimonio como parte da identidade cidadá.