Arqueoloxía en monodose: “Evolución arquitectónica do edificio do Museo Arqueolóxico”por Francisco Fariña Busto e Eduardo Breogán Nieto Muñíz

Arqueoloxía en monodose: “Evolución arquitectónica do edificio do Museo Arqueolóxico”por Francisco Fariña Busto e Eduardo Breogán Nieto Muñíz

A conferencia “Evolución arquitectónica do edificio do Museo Arqueolóxico”, impartida por Francisco Fariña Busto e Eduardo Breogán Nieto Muñíz, pechou o ciclo Arqueoloxía en Monodosis 2025, agradecemos a gran acollida do ciclo. Lembramos tamén que pronto comezará o Ciclo de Cine Arqueolóxico no Cineclube Padre Feijoo.
 

Neste relatorio explicouse que o edificio ten orixes moito anteriores ao século XII, podendo chegar ao século I. Situado no centro histórico, formaba parte do núcleo diocesano xunto á Catedral e Santa María Nai. A súa evolución é longa, con fases diversas e continua reutilización de elementos arquitectónicos.
 

Fundado en 1131 por Diego Velasco como un pazo en L, sufriu múltiples reformas, incluída a desaparición da primeira Santa María Nai e a construción dunha nova igrexa sobre unha antiga torre. Nos anos 50 deixou de ser Pazo do Bispo para converterse no MAPOU, nunha profunda remodelación dirixida por Menéndez-Pidall e continuada por Francisco Pons Sorolla.