PESAS DE TEAR TARDORROMANAS DO CONXUNTO ARQUEOLÓXICO-NATURAL DE SANTOMÉ

PESAS DE TEAR TARDORROMANAS DO CONXUNTO ARQUEOLÓXICO-NATURAL DE SANTOMÉ

Marzo 2026
-
Celtia Rodríguez González, Andrea Mouriño Schick y Ana Delia González Jiménez

As pesas de tear tardorromanas do Conxunto Arqueolóxico-Natural de Santomé (Ourense), datadas entre finais do século IV e comezos do V d. C., evidencian a importancia da produción téxtil doméstica na Gallaecia tardía. Estas pezas cerámicas, pertencentes a un tear vertical, documentan unha actividade esencial na economía rural e permiten analizar o papel central das mulleres na transmisión de saberes, no sostemento da comunidade e nas estratexias de coidado durante a transición á Alta Idade Media.