Arqueoloxía en monodose: “Sepulturas no Ourense Tardorromano” por José María Eguileta Franco

Arqueoloxía en monodose: “Sepulturas no Ourense Tardorromano” por José María Eguileta Franco

José María Eguileta abordou a evolución dos enterramentos romanos en Ourense, centrando a atención nas tumbas tardorromanas atopadas na cidade. Explicou que, aínda que a Lei das XII Táboas prohibía enterrar ou incinerar dentro das urbes, esta norma foi quedando obsoleta, o que xustifica a presenza de sepulturas no espazo urbano ourensán.

As tumbas presentan estruturas con lousas laterais e frontais e o uso de tégulas estándar de 60×40 cm, existindo variantes a dúas augas, rectangulares ou mesmo sartegos de ladrillo. Mentres que noutras cidades como Lugo se teñen documentado as necrópoles de incineración, en Ourense todos os enterramentos coñecidos son de inhumación e pertencen a tardorromanidade.

Nas obras do MAPOU localizáronse dúas tumbas en mal estado, próximas a unha estrutura en ángulo que podería corresponder cun antigo baptisterio, achegando novas pistas sobre a cidade tardoantiga.