A Casa de Galicia en Madrid acolle a exposición “Arte Prerrománico en Ourense”, unha mostra do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense comisariada por Avelino Rodríguez. Inaugurada o pasado 9 de decembro, achega ao público da capital unha selección do valioso patrimonio artístico e cultural da provincia.
Datas: 10 de decembro de 2025 – 25 de xaneiro de 2026
Horarios:
🗓️ Luns a sábado: ⏰ 10:00–14:00 | 16:00–20:00
🗓️ Domingos e festivos: ⏰ 10:00–14:00
(Os horarios poden variar segundo a programación da Casa de Galicia.)