Sesión de cine Arqueolóxico (06-02-2026)

Sesión de cine Arqueolóxico (06-02-2026)

O vindeiro venres 6 de febreiro ás 19:30, coa colaboración do Cineclub Padre Feijóo, retomaremos brevemente o cinema arqueolóxico.

Por unha banda proxectarase a curta “O camiño de Cova Eirós”; a presentación e o coloquio correrán a cargo de Arturo de Lombera Hermida, profesor de Prehistoria da Universidade de Oviedo e director das escavacións de Cova Eirós.

Ademais, volveremos visualizar a curta “Jesús Carrera: O vermello de Hondarribia”, desta volta sen os problemas técnicos cos subtítulos, acontecidos na súa primeira proxección o 4 de decembro de 2025.