Este mes de novembro, no marco dos eventos de conmemoración polo 55 aniversario do descubrimento da Tabula Hospitalis de Castromao, o MAPOU colaborou co claustro do IES Celso Emilio Ferreiro de Celanova para trasladar ao alumnado deste a importancia do seu patrimonio e para que poidan coñecelo de primeira man.
Neste sentido, queremos agradecer desde o MAPOU o apoio e o traballo do equipo do centro, así como a dedicación de todo o alumnado. Hai que destacar a participación dos alumnos de primeiro da ESO, que prepararon unha exposición sobre a tabula, facendo dela a peza do mes, a cal impartiron diante dos seus compañeiros. Ao mesmo tempo, tamén realizaron un tríptico explicativo da peza, que está dispoñible para descargar na web do MAPOU.
(A fotografía é cortesía do centro )