PLACA DE CINTO, AS CHÁS, OÍMBRA

PLACA DE CINTO, AS CHÁS, OÍMBRA

Maio 2026
-
Víctor Rodríguez Muñiz

Esta placa de cinto foi atopada no conxunto arqueolóxico de As Chás Castelo de Lobarzán, en Oímbra, un dos xacementos máis relevantes para o coñecemento da historia da comarca do Alto Támega. Cronoloxicamente, a peza pertence ao período inicial da fortaleza, datado no ano 996, a cal se construíu para articular o territorio baixo o seu control e para unha posible defensa fronte a ameazas externas. A placa foi localizada xunto a unha peza de granito que, pola súa forma e acabado, se identificou como un proxectil de funda.

A peza en cuestión é unha placa metálica elaborada en bronce sobredourado, interpretada como unha placa de cinto. A nivel decorativo, amosa unha representación minuciosa e naturalista dunha escena de equitación e cetraría.

Diversas características, xunto coa ausencia de detalles faciais do xinete, vincúlana co mundo islámico, segundo a investigación de Víctor Rodríguez Muñiz. Sin embargo, non se coñece no ámbito islámico peninsular ningunha outra peza con este mesmo motivo elaborada sobre metal. A cronoloxía e a proximidade ao proxectil de funda permiten especular que a peza proceda dunha das razias realizadas por Almanzor no noroeste peninsular.