55 anos do descubrimento da Tabula Hospitalis de Castromao

55 anos do descubrimento da Tabula Hospitalis de Castromao

O pasado día 19 de novembro o MAPOU, en colaboración co IES Celso Emilio Ferreiro e o Concello de Celanova, celebrou os 55 anos do descubrimento da Tabula Hospitalis de Castromao.
 

Pola mañá acudimos á presentación da Tabula como peza do mes, presentada polo alumnado de primeiro da ESO do IES Celso Emilio Ferreiro, acompañados por música composta por Javier Gándara e interpretada por Santiago Comesaña.

Pola tarde, Eduardo Breogán Nieto Muñiz, arqueólogo municipal de Celanova, ofreceu unha conferencia na Casa dos Poetas sobre a importancia da Tabula para que a cidadanía poida coñecela.

 

Estes actos enmárcanse dentro da vocación do Museo de achegar o patrimonio ás localidades de orixe do mesmo, para que a cidadanía poida coñecelo en persoa.