Arqueoloxía en monodose: "A intelixencia artificial nos museos: usos, aplicacións e experiencias” por Guillermo Díaz Bouzas

Arqueoloxía en monodose: "A intelixencia artificial nos museos: usos, aplicacións e experiencias” por Guillermo Díaz Bouzas

A intervención «A intelixencia artificial nos museos: usos, aplicacións e experiencias», impartida por Guillermo Díaz Bouzas, abordou o impacto da IA na xestión museística, nun contexto de sobrecarga informativa onde estas ferramentas facilitan a toma de decisións e a automatización de tarefas. Presentáronse aplicacións concretas como o etiquetado automático de coleccións no MET, a detección de deterioros en pinturas mediante a ferramenta ARTDET desenvolvida pola Universidade de Granada, ou a predición de afluencia de visitantes no British Museum. Destacaron tamén os proxectos de interacción con usuarios mediante chatbots.

Fronte a estas posibilidades, subliñáronse os seus límites: o elevado custo do adestramento, a súa restrinxida accesibilidade para institucións pequenas e desafíos éticos como a opacidade algorítmica, a privacidade dos datos e os sesgos dentro do comportamento destas ferramentas. Concluíuse que a IA non revolucionará os museos, mais converterase nunha ferramenta que o persoal deberá aprender a utilizar.