Arqueoloxía en monodose: “Desenterrando Antioquía. 4000 anos de historia en 16 hectáreas" por Martiño Xosé Vázquez Mato

Arqueoloxía en monodose: “Desenterrando Antioquía. 4000 anos de historia en 16 hectáreas" por Martiño Xosé Vázquez Mato

Martiño Vázquez Mato relatou a evolución das escavacións no Castelo de San Xoán de Bara. Co uso de tecnoloxía LIDAR en 2018 descubriuse unha muralla que amplía o antigo perímetro coñecido ata unhas 16 hectáreas. As intervencións, complexas polo terreo e o acceso, revelaron restos que van da Idade do Bronce á romanización: chans de cabana, murallas, ánforas en gran cantidade, cerámica fina romana e estruturas produtivas con orxas e silos. As análises apuntan a un primeiro poboado fortificado do Bronce, antecedente dun castro galaico ocupado ata finais do século I d.C.