As moedas per se teñen propiedades protectoras que lle son conferidas tanto pola forma como pola materia na que están realizadas. A súa estrutura redondeada, en referencia ao círculo, convérteas nun símbolo defensor, presente en todas as culturas, pola crenza de que os espíritos malignos non podían penetrar nun obxecto redondo.
Busca
O autor deste retrato de Emilio Castelar y Ripoll (1832–1899) foi o fotógrafo catalán Agustín Capmany i Serra (1846–1914) que tiña o seu laboratorio en Barcelona –rúa Fernando VII, n.º 36– e, segundo La Vanguardia, abriu o seu taller o 20 de setembro de 1884 polo que esta fotografía de Castelar podería ser daqueles anos –non anterior a esa data– o cal é bastante consecuente coa idade do retratado.
A peza que presentamos –oito escudos de ouro de Carlos II, tamén coñecidos como onza ou dobróns de a oito–, apareceu no transcurso dos traballos arqueolóxicos realizados na parroquial de Santa Mariña, máis coñecida como Igrexa Vella, situada na zona antiga, na localidade de Xinzo de Limia.
A obra cume da literatura española é sen lugar a dúbida, El Ingenioso Hidalgo D. Quijote de la Mancha. Desde a súa primeira edición en Madrid (M. de Cuesta, en 1605, 312 fols.) unha infinidade incesante de edicións a sucederon. Cervantes publica esta obra –á que continuará a segunda parte, en 1615– rematando xa a súa vida, «xa cun pé no estribo», como lle escribe ao conde de Lemos na súa última carta. É pois unha obra de madurez.
As fusaiolas son pezas de diferentes materiais, de forma máis ou menos circular, aplanadas e cunha perforación central. Están claramente unidas á industria téxtil prehistórica, protohistórica e histórica. A abundancia de fusaiolas indica abundancia da actividade de fiar. Usábanse na parte inferior do fuso, para obter co seu peso unha rotación regular na fía manual. Así a función da peza era equilibrar o fuso (péndulo), manter a velocidade de rotación e soster o fiado.
O vaso cilíndrico que presentamos foi recuperado no xacemento de San Cibrao de Las, na campaña de escavación de 1982 dirixida por Bieito Pérez Outeiriño. Ten un tamaño medio, dunha forma lixeiramente troncocónica e cóncava. Isto débese a que o diámetro do bordo (20 cm aproximadamente) é algo maior que o da base (17 cm). O labio é exvasado, facetado cara ao interior, e non se diferencia do corpo polo exterior. Conserva unha asa de sección cilíndrica colocada a media altura, pero é probable que tivese unha segunda no lado oposto.
Esta peza apareceu durante o desenvolvemento do proxecto: Escavación arqueolóxica na rúa Sta. Mariña núm. 4-6 (Xinzo de Limia, Ourense), executado durante os meses de marzo e abril de 2016 por Manuel García Valdeiras.
A morfoloxía da peza, a súa estabilidade e o seu tamaño indícannos que estamos ante una peza de xogo e o material de importación fálanos dunha peza cara e exclusiva, o que nos leva a pensar nun xogo con pezas antropomorfas e de desfrute restrinxido a unha elite que se pode permitir materiais de importación.
O xacemento de Aquae Querquennae atópase na comarca da Baixa Limia, ocupando terras que pertencen a tres aldeas (Porto Quintela, Os Baños e Mugueimes) e dous concellos (Bande e Muíños).
Respecto á unidade que permaneceu aquí de gornición, a hipótese actual apunta a un continxente de tropas dependente da legio VII Gemina acantonada en León composta por tropas de infantaría e de cabalaría cuxos efectivos ascenderían a 500 soldados.
A palabra latina fibula define un obxecto metálico que serve para unir dúas pezas dun tecido o suficientemente brando como para que poida penetrar unha agulla aseguradora. O tipo xeral de fíbulas nas que aparecen representadas figuras de animais, foron clasificadas por Michel Feugère como 29a e, dentro destas, a peza que presentamos corresponde á variante 23. É un galináceo ou pavón, de pé á dereita, na que se diferencian con claridade todos os riscos anatómicos.
Os frascos para pólvora foron parte do equipo dos tiradores cando menos durante trescentos anos ata a popularización das armas de cartucho metálico, na década entre 1860 e 1870. Empregábase habitualmente un corno de vacún. Descoñécese o porqué da preferencia por este material orgánico con prioridade sobre outros.
Ao longo das numerosas campañas de escavación no Conxunto arqueolóxico-natural de Santomé foron recuperados ata o de hoxe cento oitenta e un numismas de época romana, un total que inclúe as dezaseis moedas exhumadas na recente campaña de 2019, en fase de estudo.
En 1975 José Manuel Blanco Gil -director e actor da Agrupación de Teatro Independente Histrión 70-, preséntase no estudio de Xaime Quessada na rúa Lamas Carvajal para facerlle o encargo dunhas máscaras que quería empregar na nova montaxe teatral na que estaban a traballar: Retablo da Avaricia, a Luxuria e a Morte de Valle Inclán. Ese día o pintor estaba co escultor Ignacio Basallo realizando gravados e acordaron abordar a encarga de forma conxunta.
O campamento militar de Aquae Querquennae (Porto Quintela, Bande, Ourense) é un recinto castrense, construído en época alto-imperial romana con carácter permanente, onde estivo acantoado un continxente de tropas dependente da legio VII Gemina, lexión acantoada en León.
As pezas discoides do colar proceden dunha escavación arqueolóxica realizada no concello de Lobios, no marco do proxecto de investigación Arqueoloxía na Baixa Limia: o encoro de Lindoso e o seu entorno. Tivo lugar no monumento megalítico que catalogamos como mámoa M2 de San Bieito (SBiM2), durante os anos 1988 e 1989.
A peza presentada aquí procede do Colexio de Casardomato (actual CEIP Albino Núñez) en San Miguel de Canedo, na beira dereita do Miño ao seu paso pola cidade de Ourense. Foi doada en 1987 polo seu descubridor, Manuel Penín, ao Museo Arqueolóxico Provincial e permanecía inédita desde entón.
Esta peza é un exemplar dos coñecidos na historiografía arqueolóxica como «brazais de arqueiro». Ingresou no Museo en 1951, como doazón da Sociedade Arqueolóxica de Ribadavia. Trátase dunha pequena placa de lousa recortada, de morfoloxía rectangular, lixeiramente adelgazada no centro, cos ángulos redondeados, sección plana e superficie coidadosamente puída. Presenta unha perforación bicónica centrada en cada un dos lados menores.
O Museo conserva unha colección completa da revista Nós proveniente, pensamos, dos fondos da Comisión de Monumentos. Sen o traballo no tránsito entre o século XIX e XX da Comisión de Monumentos nos locais que ocupaba no Centro Provincial de Enseñanza, actual IES Otero Pedrayo, sería imposible que nacese o interese investigador e creador nos homes que forman a cerna de Nós, o denominado cenáculo ourensán, e a liña marcadamente cultural, conservadora, virada á arqueoloxía, antropoloxía, literatura e historia, do galeguismo auriense.
Paxinación
- First page
- Páxina anterior
- …
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- …
- Páxina Seguinte
- Last page