NESTE MOMENTO ESTAMOS ABERTOSNESTE MOMENTO ESTAMOS PECHADOS
ABERTOPECHADO
HORARIOSHORARIOSHORARIOS
LOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓN
Biblioteca do museo. Edificio Santa Mª de Europa (A Carballeira)

Rúa Xílgaros s/n. Tfno.: 988 788 439 | Fax: 988 788 450

De luns a venres de 9.00 a 14.00 horas

Exposición: “Escolma de Escultura”. Sala San Francisco (edificio anexo ao claustro)

Rúa da Granxa s/n. Tfno.: 988 788 417

De martes a sábado de 9.00 a 21.00 horas

Domingo de 9.00 a 15.00 horas

Luns e festivos pechado

Rúa da Granxa s/n.
Tfno.: 988 788 417

Ola. Castro de San Cibrao de Las

Ola. Castro de San Cibrao de Las

Maio 2020
-
Alba Antía Rodríguez Nóvoa
Ola. Castro de San Cibrao de Las
Ola. Castro de San Cibrao de Las

#aculturasegue

A ola que presentamos procede do xacemento de San Cibrao de Las (“A Cidade”), situado en Cenlle (Ourense) ocupando aproximadamente unha superficie que abrangue 10 ha dun outeiro na confluencia entre os ríos Barbantiño e Miño, a unha altitude de 470 m. Este xacemento constitúe un punto de referencia para estudar o cambio de era en Galicia. As investigacións en San Cibrao de Las inícianse en 1921, cando Florentino López Cuevillas e Vicente Risco visitan o xacemento. Os resultados desas primeiras escavacións foron publicados na Revista Nós e no Boletín da Real Academia Galega.

A peza que tratamos foi recuperada na campaña de escavación de 1992, levada a cabo polo equipo do Museo Arqueolóxico P. de Ourense, no barrio localizado na ladeira oeste, ao redor da porta da muralla e a rúa empedrada que sobe cara a acrópole. Este recipiente encádrase dentro do chamado grupo de olas con perfil en “s” que son unha forma moi habitual nos contextos de cambio de era do medio Miño, chegando a supoñer ata un 40% das formas identificadas. É, polo tanto, un dos tipos máis utilizados, quizais pola súa versatilidade. En canto á variante con asa á que pertence a peza estudada, tamén é frecuente na época, especialmente en xacementos da contorna do Miño.