NESTE MOMENTO ESTAMOS ABERTOSNESTE MOMENTO ESTAMOS PECHADOS
ABERTOPECHADO
HORARIOSHORARIOSHORARIOS
LOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓN
Biblioteca do museo. Edificio Santa Mª de Europa (A Carballeira)

Rúa Xílgaros s/n. Tfno.: 988 788 439 | Fax: 988 788 450

De luns a venres de 9.00 a 14.00 horas

Exposición: “Escolma de Escultura”. Sala San Francisco (edificio anexo ao claustro)

Rúa da Granxa s/n. Tfno.: 988 788 417

De martes a sábado de 9.00 a 21.00 horas

Domingo de 9.00 a 15.00 horas

Luns e festivos pechado

Rúa da Granxa s/n.
Tfno.: 988 788 417

Punta solutrense de Casardomato

Punta solutrense de Casardomato

Setembro 2020
-
Eduardo Méndez-Quintas e Mikel Díaz Rodríguez
Punta solutrense de Casardomato
Punta solutrense de Casardomato

A peza presentada aquí procede do Colexio de Casardomato (actual CEIP Albino Núñez) en San Miguel de Canedo, na beira dereita do Miño ao seu paso pola cidade de Ourense. Foi doada en 1987 polo seu descubridor, Manuel Penín, ao Museo Arqueolóxico Provincial e permanecía inédita desde entón.

Trátase dunha punta foliácea do tipo «folla de loureiro» de base apuntada pertencente ao período identificado como Solutrense superior, que se enmarca cronoloxicamente entre o 20.000 e o 17.000 BP. A súa denominación provén dos xacementos epónimos de Solutré, na rexión de Borgoña (Francia).

O Solutrense desenvólvese durante os momentos máis rigorosos da última glaciación (LMG) e trátase dunha fase caracterizada, fundamentalmente, pola extensión e desenvolvemento das técnicas de talla e retoque baseadas no percusor brando, a percusión indirecta e a talla por presión. Ese perfeccionamento nas técnicas de talla permitiu que os cazadores-recolectores que habitaban en este período fosen capaces de crear pezas foliáceas de bela factura e tan características como esta punta de Casardomato conservada no Museo Arqueolóxico.