A conferencia “A neveira de Pardeconde e a conservación dos bens de madeira”, impartida onte por Luis Cordeiro Maañón e María Martín Seijo, abordou a escavación da neveira de Campo Eirado como exemplo paradigmático das estruturas tradicionais de almacenaxe de xeo na Península Ibérica. Activas desde a Idade Media, con especial desenvolvemento a partir do século XVI polo seu valor alimentario e terapéutico, estas infraestruturas reflicten unha evolución técnica e social significativa.
Busca
O cáliz obxecto de estudo, conservado no Museo Arqueolóxico de Ourense e cunha datación aproximada arredor da primeira metade do século XVI, constitúe un exemplo representativo do tardogótico na ourivaría litúrxica peninsular. Realizado en prata coa copa sobredourada, destaca pola súa base circular, hastil poligonal e un característico nó formado por casquetes semiesféricos decorados.
Este mes, o MAPOUR convídate a descubrir e gozar de novas propostas para coñecer o noso patrimonio.
Axenda de maio:
-Arqueoloxía en monodose: "Idade Media no Val do Alto Támega: O exemplo do conxunto arqueolóxico da Ceada Das Chás-Castelo de Lobarzán", por Víctor Rodríguez Muñiz.
📝 Entrada libre ata completar capacidade.
📅 Xoves 22 de maio
🔹 16:00 h – Visita ao Castro de Castromao (Celanova)
🔹 18:00 h – Presentación da Guía de Patrimonio “Castromao” na Biblioteca do IES Celanova
Na conferencia "Idade Media no Val do Alto Támega: o exemplo do conxunto arqueolóxico da Ceada das Chás– Castelo de Lobarzán", abordáronse aspectos clave das ocupacións prehistóricas e medievais na rexión. Durante a prehistoria, destacouse unha vía de comunicación relevante, cerámicas tipo peña en gran cantidade, evidencias de fondos de cabana e pinturas rupestres con figuras antropomorfas.
📢 Aviso importante
Os días 15 e 22 de maio non se realizarán visitas guiadas por cuestións técnicas. Non obstante, a exposición permanecerá aberta ao público no seu horario habitual, de 9:00 h a 21:00 h.
Grazas pola súa comprensión e desculpen as molestias.
A conferencia “O Castro do Coto do Mosteiro revisitado 40 anos despois”, impartida por Luis Orero Grandal, presentou unha revisión dos traballos iniciados en 1983. O castro, situado nas inmediacións do Carballiño, revelou unha complexa estrutura defensiva con murallas de aparello helicoidal, foxos escavados na rocha e restos de canalizacións. Destaca a presenza de máis de 400 fragmentos de moldes de fundición en barro, indicativos dunha produción especializada en obxectos metálicos de adorno persoal.
O poema Los Caneiros, composto por Sofía Casanova en 1912 tras asistir á romaría homónima celebrada en Betanzos, constitúe unha emotiva homenaxe á súa Galicia natal, á que regresaba despois dunha prolongada ausencia.
Este mes, o MAPOUR convídate a descubrir e gozar de novas propostas para coñecer o noso patrimonio.
Dúo formado por Sabela Bello e Benjamín Vázquez.
Entrada libre ata completar capacidade
📅Cando: Sábado 14 de xuño, as 12:30
📍Onde: Liceo de Ourense (Calle Valentín, Rúa Lamas Carvajal, 5, 32005 Ourense)
O luns 16 de xuño de 2025, na conferencia “Alén do Macizo Galaico: arqueoloxía galega no exterior”, David Fernández Abella abordou o papel de Galicia e España na arqueoloxía internacional. Mentres países como Francia consideran estratéxica a súa presenza arqueolóxica no exterior, España apenas mantén unha escola en Roma e só as universidades da Coruña e Vigo manteñen proxectos fóra das súas fronteiras. A UDC en Siria e Palestina, e a UVigo en Marrocos e Etiopía.
Paxinación
- First page
- Páxina anterior
- …
- 36
- 37
- 38
- 39
- 40
- 41
- 42
- 43
- 44