Para lembrar esta celebración amosamos esta poesía dedicada a Xesús Ferro Couselo en 1941 con motivo do seu ingreso no Corpo Facultativo de Arquiveiros, Bibliotecarios e Arqueólogos. As oposicións celebráronse en Madrid e, según se indica no texto, houbo un xantar na Casa Botín de todos os aspirantes aprobados co tribunal examinador.
Busca
CONTRIBUCIONES A LA HISTORIA DE LOS MOSAICOS ROMANOS DE A CIGARROSA: NOTICIAS EPISTOLARES DE LOS AÑOS 1890 Y 1909
Carlos Santos Fernández…………………………………………………………………………………….. 7
SABARDES, UN BUSTO DE PROCEDENCIA DESCOÑECIDA. UNHA NOVA EXPRESIÓN NA PLÁSTICA DA IDADE DE FERRO DO NOROESTE HISPÁNICO
J. Suárez Otero
M. Lestón Gómez…………………………………………………………………………………………….. 39
DEL SCRIPTOR PARTICULAR AL NOTARIO PÚBLICO: LOS ORÍGENES DEL NOTARIADO EN LA DOCUMENTACIÓN PRIVADA DE SANTA MARÍA DE MONTEDERRAMO
Produción impresa e ilustración 15
Técnicas e gravadores de temas xacobeos 25
Impresos destinados á peregrinación 30
Compostelas, certificados de peregrinación 30
Memoriais das reliquias veneradas na catedral de Santiago 33
Xubileus e anos santos composteláns 34
Sumarios das grazas e indulxencias do hospital real de Santiago 37
O cuestionamento das tradicións xacobeas 41
O Voto de Santiago 41
Polémica arredor do padroado único do Apóstolo Santiago 49
Copadroado de Santa Tareixa 49
A fotografía móstranos o río Miño no seu encadramento montañoso tomada desde a beira dereita preto do afloramento da Chavasqueira prope a capital. Obsérvanse pequenas charcas formadas na desembocadura das augas termais e un grupo de persoas que as aproveitan.
A data da fotografía pódese precisar no primeiro lustro dos anos 50 do pasado século, xa que a construción máis destacable no monte do fondo é o Seminario Maior (comezado a construír polo bispo Blanco Nájera en 1950 e rematado e inaugurado polo bispo Temiño Sáiz en 1953).
A comezos dos anos setenta Álvaro Álvarez Blázquez, xunto co pintor Virxilio Fernández Cañedo, pon en marcha unha iniciativa pioneira e de grande interese: a produción de obra serigráfica a partir dos orixinais, realizados exclusivamente con esa finalidade, por un nutrido grupo de pintores galegos, como medio de popularización da súa obra a través de exposicións colectivas, así como a súa distribución e venda por medio de salas de arte, como en Ourense, por exemplo, Souto. As estampas vendíanse entre oitocentas e pouco máis de mil pesetas.
A peza que presentamos é un fragmento de fondo realizado coa técnica millefiori, parte da colección de vidros mosaico recollidos na Cibdá galaico-romana de Armea (Santa Mariña de Augas Santas, Allariz, Ourense). Dentro do rico conxunto de materiais mobles aparecidos no xacemento, destaca o grupo de obxectos fabricados en vidro, non soamente pola súa cantidade, senón tamén pola súa diversidade.
As persoas chegamos ao mundo coa facultade de gardar na nosa mente as cousas que consideramos importantes e acordarnos delas no momento oportuno. Esa magnífica capacidade, que chamamos memoria, é sobre a que construímos a nosa historia, nos relacionamos e definimos quen somos. Recordamos algúns datos e outros non porque o cerebro tende a rexeitar o innecesario e a quedarse co que de verdade importa, por iso a memoria se complementa con outra condición; todo o que algunha vez estivo na memoria e xa non está pertence ao esquecemento. Esquecer é tan importante como recordar.
“A grúa foi a verdadeira atracción das festas”. Corría o ano de 1962 e Ferro Couselo escribíalle a Francisco Pons Sorolla, arquitecto das obras do Museo Arqueolóxico de Ourense no antigo Pazo episcopal, para darlle conta do avance destas. Era un ben ansiado por moito tempo desde que ardera a súa sede do Instituto Provincial en 1927.
O venres 2 de decembro, ás 12 horas, tivo lugar o acto de inauguración da exposición "Plástica Castrexa" organizada polo Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, na sala de exposicións Afundación en Ourense (Praza Maior, 4).
-
Onde:
Praza Maior, 4. Ourense -
Datas:
2 decembro / 26 febreiro 2023
-
Horario:
Luns a venres: de 17.30 a 20.30 h
Sábados, domingos e festivos: de 12.00 a 14.00 h. e de 17.30 a 20.30 h
-
Entrada:
Gratuíta
Con motivo das obras realizadas na estrada N-525, ao abeiro do coñecido como Plan de accesos a Galicia, levado a cabo na primeira metade da década dos anos 70 do século XX, que tiña por obxecto mellorar o trazado desta vía, tivo lugar o descubrimento desta peza, xunto cuns fragmentos de terra sigillata, nas proximidades da cidade de Ourense, á altura do lugar de Papón. Manuel Blanco Guerra, coñecedor do achado, deu conta deste no diario La Región, o 3 de xaneiro de 1974.
O mércores 14 de decembro ás 20.00 h terá lugar a presentación da Peza do Mes de decembro de 2022: “MORTEIRO DE SATURNINUS. PAPÓN. OURENSE” na sala da exposición “Escolma de Escultura” en San Francisco (Ourense).
A explicación correrá a cargo do director do Museo, Xulio Rodríguez González.
Entrada libre.
Ata o 26 de febreiro podes visitar este proxecto na Sala de exposicións Afundación de Ourense, no que se mostra a plástica castrexa do Museo Arqueolóxico. Damos a coñecer a súa riqueza patrimonial.
DIDÁCTICA
VISITA CONTO OBRADOIRO | INFANTIL a 3º PRIMARIA | Antepasad@s picapedra
VISITA OBRADOIRO | 4º e 5º de PRIMARIA, 1º e 2º ESO | Atlantes de martelo e cicel
VISITA OBRADOIRO | 3º e 4º ESO, BACHARELATO e CF | Plástica Castrexa
Duración 1 h 30 min. De balde.
O Museo conserva os seis volumes dos Arquivos do Seminario de Estudos Galegos (ASEG) proveniente dos fondos da Comisión de Monumentos.
O mércores, 11 de xaneiro, ás 20.00 h na sala da exposición “Escolma de Escultura” en San Francisco (Ourense), terá lugar a presentación da Peza do mes de xaneiro de 2023: “ARQUIVOS DO SEMINARIO DE ESTUDOS GALEGOS“.
A explicación correrá a cargo de Afonso Vázquez-Monxardín Fernández.
Entrada libre.
O mango de coitelo do castro do Castelo de Laias (Cenlle, Ourense) remítenos á cultura material máis descoñecida da Idade do Ferro, aquela elaborada a partir de diversos tipos de materiais vexetais (madeira, cortiza, talos, follas, etc.). Esta cultura material de natureza efémera foi predominante no pasado, investigacións e achados recentes teñen permitido ampliar o noso coñecemento dela, e comezan a revelar a súa diversidade e os coñecementos técnicos e ambientais que atesoura.