Busca
No Día Mundial da Saúde amosamos unha peza das coleccións do Museo Arqueolóxico: unha ara romana votiva, cicelada no corpo central co seguinte epígrafe en latín:
NYMFIS / BOELI/VS RVF/VS . PRO / SALVTE / (s)VA . V(otum) . S(olvit)
Boelio Rufo cumpriu o voto que fixera pola súa saúde ás Ninfas das augas.
Co fin de garantir a saúde de visitantes, usuarios e traballadores e seguindo as indicacións das autoridades sanitarias en relación coa Covid-19, o Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense informa:
O Museo e a Sala de exposicións Escolma de Escultura permanecerán pechados ao público durante 14 días, periodo prorrogable en función da situación sanitaria.
O peche supón a cancelación de todas as visitas de grupos e das actividades presenciais programadas neste periodo.
En aplicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia, de data 12 de marzo de 2020, polo que se adoptan medidas preventivas en materia de saúde pública na Comunidade Autónoma de Galicia, como consecuencia da evolución da epidemia da COVID-19, queda suspendida a apertura ao público deste centro.
Despois de intensas campañas de escavacións realizadas nas décadas dos oitenta e noventa, e conscientes dos valores patrimoniais que encerra o xacemento, a partir do ano 2000, por medio de proxectos de posta en valor sociocultural, empréndense toda unha serie de accións tendentes a facelo accesible ao público tanto desde o punto de vista físico como para o consumo sociocultural e apreciación dos valores arqueolóxicos e naturais.
Co obxectivo de afondar no coñecemento deste importante xacemento, nos últimos dous meses Santomé coñeceu unha nova intervención arqueolóxica, neste caso centrada na ladeira do castro no seu sector sueste, deixando escavada unha superficie de 475 m2 na que queda integrada unha gabia de sondaxe xa efectuada en 1990. Esta intervención non só vai permitir comprender mellor a etapa castrexa, senón que tamén amplía a área para visita.
Paxinación
- First page
- Páxina anterior
- …
- 29
- 30
- 31
- 32
- 33
- 34
- 35
- 36
- 37
- …
- Páxina Seguinte
- Last page