No conxunto do monacato medieval galego San Pedro de Rocas posúe un lugar especial e destacado. De alí procede a peza protagonista destas liñas: a lápida que, considerada en ocasións «fundacional», se conserva na actualidade no Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense. Trátase dunha inscrición feita nunha lousa de granito en que figura un texto repartido en catro liñas, rodeado por unha soga que, partindo do lado dereito, divide o espazo central en dúas partes, con dúas liñas de texto sobre e baixo ela. A soga remata no espazo esquerdo nunha cruz.
Busca
Na campaña de escavación de 1983 dirixida por Xulio Rodríguez González no Conxunto arqueolóxico-natural de Santomé acháronse catro fragmentos que unían, correspondentes a un morteiro. A peza, con número de inventario CE005227/75, foi reintegrada en 1994 por Carlos Pazos González, baixo a dirección de Carmelo Fernández, reconstruíndoa a partir dos fragmentos de bordo conservados, que constitúen a décima parte do total do cunco orixinal.
Coa presentación desta placa, o Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense completa o ciclo de 200 Pezas do mes, unha actividade que vén realizando ininterrompidamente desde 1999, ao longo de 20 anos, e que naceu e se mantén co propósito de conservar, estudar e difundir as ricas e variadas colección deste museo, consolidando así un proxecto de gran dimensión social, ofrecendo múltiples horizontes interpretativos e novas dinámicas de aproximación e interpretación do patrimonio moble conservado nel.
A Consellería de Cultura, Educación e Universidade, por medio do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, con motivo de celebrase este ano o centenario de NÓS, publica o libro Epistolario. Cuevillas e os eus contemporáneos, no que se recolle a correspondencia que mantivo Florentino López Cuevillas, entre o ano 1925 e 1958, con diferentes persoeiros do mundo da cultura, da ciencia ou da política, entre os que destacan figuras como Henri Breuil, Adolf Schulten, Pero Bosch Gimpera ou Castelao.
O 30 de outubro de 1920 publícase en Ourense o primeiro número da revista Nós. Cen anos dun fito que, dende o Museo, queremos lembrar a través do estudio dalgunhas pezas da colección que reflicten a inesquecible pegada que para a nosa terra, lingua, sociedade e cultura supuxo o traballo desenvolvido polos intregrantes da Xeración Nós.
Se repasamos a revista Nós nos seus 144 números e os índices de Fernández Oxea atoparemos moi contados traballos dedicados ás ciencias naturais. Case todos os números centran o seu interese en aspectos de arqueoloxía, prehistoria, etnografía, heráldica, lingüística, etc… e soamente os artigos xeográficos de Otero Pedrayo conteñen datos que poderían ser estudos da natureza.
Para conmemorar o Día Internacional do Patrimonio Mundial, efeméride que se fai coincidir coa firma en Paris da Convención sobre Patrimonio Mundial Cultural e Natural, na que se une a protección da natureza coa conservación dos sitios culturais, o Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense realiza unha serie de actividades relacionadas co Conxunto Arqueolóxico-Natural de Santome.
As obras de rehabilitación do edificio histórico do Museo Arqueolóxico, o Pazo do Bispo na Praza Maior de Ourense, supoñen a necesidade de buscar outras alternativas para cumprir as funcións que os museos teñen encomendadas. Unha parte importante das coleccións do museo son os fondos pétreos de gran tamaño. Algúns destes fondos que aínda permanecían na antiga sede, conforman a partir de hoxe a exposición FONDOS PÉTREOS no Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa en San Cibrao de Las.
O 9 de marzo de 1695 nacía en Villafranca del Bierzo (León), Fr. Martín Sarmiento. Estamos, pois, ante o 336 aniversario do seu nacemento, e nunca mellor ocasión para dedicarlle A Peza do mes, e mostrar unha cara oculta e inédita da súa polimórfica obra. Trátase do seu caderno de debuxos, onde descubrimos a súa faceta artística.
O xacemento galaico-romano do Monte do Señoriño está situado na parroquia de Santa Mariña de Augas Santas, concretamente no lugar de Armea, concello de Allariz.
Prólogo 11
Xulio Rodríguez González
Avelino Rodríguez González
Nós e a Prehistoria de Galicia: entre o Paleolítico e a Idade do Bronce 19
José María Eguileta Franco
A Xeración Nós, con Cuevillas á fronte, iniciou o coñecemento científico da cultura castrexa 43
Francisco Calo Lourido
No centenario da Xeración Nós. Florentino López Cuevillas e a investigación sobre a ourivaría prehistórica do noroeste peninsular 55
Bieito Pérez Outeiriño
Presentación do libro: ARQUEOLOXÍA DO NOROESTE PENINSULAR EN TEMPOS DE NÓS editado polo Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.
Neste libro que presentamos, Arqueoloxía do noroeste peninsular en tempos de Nós, recóllense as achegas de diferentes especialistas sobre o traballo realizado polos propios integrantes do grupo Nós e do Seminario de Estudos Galegos ao que pertencían e enriqueceron co seu traballo, así como a actividade arqueolóxica que se estaba levando a cabo por outros persoeiros que non pertencían a estes cenáculos pero que estaban desenvolvendo a súa actividade arqueolóxica nesta época no noroeste peninsular.
Sedes temporais
Edificio Santa Mª de Europa.
Biblioteca e área técnica
Edificio Santa María de Europa, Rúa Xílgaros s/n.
A Carballeira 32002 Ourense
Tlf.: +34 988 788 439
Fax: +34 988 788 450
Mail: mapour@xunta.gal
Información xeral
As presentes disposicións regulan o uso do servizo do portal de internet (en diante, o "Portal") que a Xunta de Galicia pon a disposición dos usuarios de internet.
A Xunta de Galicia é a titular do subdominio "musarqourense.xunta.gal" e dos distintos elementos nel incluídos.
Do conxunto arqueolóxico-natural de Santomé proceden dúas cuncas de costelas que son recipientes xeralmente pouco profundos e de boca ampla, cunha decoración ao exterior de costelas moi pronunciadas que se considera que imitan modelos metálicos. As costelas arrancan debaixo do bordo e van esvaecéndose cara á base, plana ou lixeiramente cóncava. Outras características destacadas son as súas grosas paredes, o seu seu bordo vertical –caso da cunca baixa– ou lixeiramente exvasado –caso da cunca alta– e as marcas das ferramentas presentes nas superficies.