Busca
Co fin de garantir a saúde de visitantes, usuarios e traballadores e seguindo as indicacións das autoridades sanitarias en relación coa Covid-19, o Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense informa:
O Museo e a Sala de exposicións Escolma de Escultura permanecerán pechados ao público durante 14 días, periodo prorrogable en función da situación sanitaria.
O peche supón a cancelación de todas as visitas de grupos e das actividades presenciais programadas neste periodo.
En aplicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia, de data 12 de marzo de 2020, polo que se adoptan medidas preventivas en materia de saúde pública na Comunidade Autónoma de Galicia, como consecuencia da evolución da epidemia da COVID-19, queda suspendida a apertura ao público deste centro.
Despois de intensas campañas de escavacións realizadas nas décadas dos oitenta e noventa, e conscientes dos valores patrimoniais que encerra o xacemento, a partir do ano 2000, por medio de proxectos de posta en valor sociocultural, empréndense toda unha serie de accións tendentes a facelo accesible ao público tanto desde o punto de vista físico como para o consumo sociocultural e apreciación dos valores arqueolóxicos e naturais.
Co obxectivo de afondar no coñecemento deste importante xacemento, nos últimos dous meses Santomé coñeceu unha nova intervención arqueolóxica, neste caso centrada na ladeira do castro no seu sector sueste, deixando escavada unha superficie de 475 m2 na que queda integrada unha gabia de sondaxe xa efectuada en 1990. Esta intervención non só vai permitir comprender mellor a etapa castrexa, senón que tamén amplía a área para visita.
O mércores 12 de setembro ás 20.00 h terá lugar a presentación da Peza do Mes de setembro de 2018: “OS QUIXOTES DO MUSEO ARQUEOLÓXICO PROVINCIAL DE OURENSE” na sala da exposición “Escolma de Escultura” en San Francisco (Ourense).
A explicación correrá a cargo de Justo Carnicero Méndez-Aguirre.
Entrada libre.
Marcelo Macías García (1844 – 1941) é a figura referente en Ourense na última década do século XIX e o primeiro terzo do XX no ámbito cultural. Aínda que nado en terras astorganas, Marcelo Macías atopou acomodo en Ourense e desenvolveu a súa valía, liderando canta iniciativa se formulaba no eido cultural. Da súa adaptación á terra e o recoñecemento da comunidade que o acolleu dan fe dous títulos: o de Fillo adoptivo da cidade de Ourense (1917) e Fillo adoptivo de Galicia (1925), ademais das homenaxes que recibiu en vida.
Dende este martes, día 10 de xullo, a sala de exposicións “Escolma de escultura“, ubicada ao carón do Claustro de San Francisco na cidade de Ourense, reabre as súas portas unha vez rematadas as obras de renovación dos espazos expositivos.
Horario:
De martes a sábado de 9.00 a 21.00 horas
Domingo de 9.00 a 15.00 horas
Luns e festivos pechada
A fotografía aérea aplicada á investigación do patrimonio arqueolóxico é unha singular ferramenta de traballo que lle permite ao arqueólogo detectar anomalías sobre a superficie terrestre derivadas da presenza do home. Anomalías ou trazas que son especialmente recoñecibles á vista de paxaro, e que descifradas como se dun código secreto se tratase, nos mostran a imaxe dos xacementos como si se debuxasen nun plano.
Na primavera de 1959, moi preto dos 80 anos, mantiña o Marqués de Santa María del Villar intacta a súa esencia: a paixón pola fotografía unida a unha incansable afección viaxeira. Calidades persoais que destinou á divulgación do patrimonio cultural o que o levou a recorrer practicamente todos os puntos da xeografía española, entre eles, por varias ocasións a provincia de Ourense. Os seus monumentos, a súa paisaxe, as súas xentes captaron a atención do artista e sobre elas escribe nos medios máis importantes do momento.