NESTE MOMENTO ESTAMOS ABERTOSNESTE MOMENTO ESTAMOS PECHADOS
ABERTOPECHADO
HORARIOSHORARIOSHORARIOS
LOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓN
Biblioteca do museo. Edificio Santa Mª de Europa (A Carballeira)

Rúa Xílgaros s/n. Tfno.: 988 788 439 | Fax: 988 788 450

De luns a venres de 9.00 a 14.00 horas

Exposición: “Escolma de Escultura”. Sala San Francisco (edificio anexo ao claustro)

Rúa da Granxa s/n. Tfno.: 988 788 417

De martes a sábado de 9.00 a 21.00 horas

Domingo de 9.00 a 15.00 horas

Luns e festivos pechado

Rúa da Granxa s/n.
Tfno.: 988 788 417

Peza do día: Dolium de Santomé

Peza do día: Dolium de Santomé

#aculturasegue

Os dolia son recipientes de barro de corpo globular, que nalgúns casos chegan a acadar dous metros de alzada, usados normalmente no mundo romano para almacenar produtos agrícolas. Este que nos ocupa é de época Baixoimperial, ten 75 cm. de alto e unha capacidade de 212 litros e estivo exposto recentemente na exposición “Santomé. Conxunto Arqueolóxico Natural”. O seu bordo é entrante, con labio de sección triangular, aplanado oblicuamente (para asento dunha tapadeira ou opercula, hoxe perdida); a base é plana e de reducidas dimensións. Dos seus ombreiros saen dúas grosas asas, de sección bilobulada ó exterior e plana ó interior. A pasta é de cor avermellada con abundante desgraxante de cuarzo branco, recuberta ó exterior por unha capa de engobe fino e brillante de cor alaranxada, que se mantén principalmente na metade inferior.

Os dolia eran recipientes destinados tanto ao almacenaxe como para o transporte de produtos, sobre todo viño, como demostra a súa aparición en diferentes pecios. Ademais tamén se gardaba trigo, aceite, peras e uvas, ou alimentos en salmoira. Tamén se utilizaban para a cría e ceba do leirón, considerado un manxar para os romanos. O máis habitual é atopalos enterrados na terra para evitar o contacto do aire, ó tempo que contribúe a manter a súa estabilidade. Este que nos ocupa dá a impresión que nunca estivo soterrado, dada a dispersión dos fragmentos. Apareceu nunha estancia con acceso independente ó exterior, silo de cachotería e piso de terra apisoada, o que confirma que esta construción funcionaba como almacén en relación coa produción agrícola-gandeira. Este tipo de almacenaxe pon de manifesto unha nova concepción económica, con novos métodos de explotación agrícola, que son introducidos no NW coa chegada dos romanos.

Máis información en: Peza do mes de outubro de 2001