NESTE MOMENTO ESTAMOS ABERTOSNESTE MOMENTO ESTAMOS PECHADOS
ABERTOPECHADO
HORARIOSHORARIOSHORARIOS
LOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓN
Biblioteca do museo. Edificio Santa Mª de Europa (A Carballeira)

Rúa Xílgaros s/n. Tfno.: 988 788 439 | Fax: 988 788 450

De luns a venres de 9.00 a 14.00 horas

Exposición: “Escolma de Escultura”. Sala San Francisco (edificio anexo ao claustro)

Rúa da Granxa s/n. Tfno.: 988 788 417

De martes a sábado de 9.00 a 21.00 horas

Domingo de 9.00 a 15.00 horas

Luns e festivos pechado

Rúa da Granxa s/n.
Tfno.: 988 788 417

Conxunto arqueolóxico-natural de Santomé

Conxunto arqueolóxico-natural de Santomé

Co obxectivo de afondar no coñecemento deste importante xacemento, nos últimos dous meses Santomé coñeceu unha nova intervención arqueolóxica, neste caso centrada na ladeira do castro no seu sector sueste, deixando escavada unha superficie de 475 m2 na que queda integrada unha gabia de sondaxe xa efectuada en 1990. Esta intervención non só vai permitir comprender mellor a etapa castrexa, senón que tamén amplía a área para visita.

A área escavada presenta unha gran complexidade a nivel de estruturas -tendo en conta as numerosas superposicións documentadas e que a maioría das estancias se viron afectadas polos deslizamentos propios dunha ladeira con pendente pronunciada – ao tempo que unha rica cultura material que contribúe a enriquecer o xa coñecido dinamismo que Santomé presenta no marco da romanización do noroeste peninsular.