O Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense sumouse este mércores á conmemoración do Día Internacional dos Museos coa celebración de dúas actividades que se desenvolveron na Sala San Francisco (Experiencia e Memoria) e no Laboratorio de Restauración do centro, situado en Santa María de Europa (Museos e Memoria).
Busca
O Día Internacional dos Museos é unha efeméride que se celebra en todo o mundo dende o ano 1977. Este ano, o lema elixido é Museos e Memoria, unha filosofía de traballo que, segundo Xulio Rodríguez, ten por obxectivo “amosar á cidadanía o significado e a importancia da labor que se leva a cabo, cada día, nos museos”.
Visitas guiadas ao Laboratorio de Restauración.
Data: 18 de maio de 2011
Duración aproximada: 60 minutos
Grupos reducidos
Horario: 11:00h, 13:00h, 17:00h e 19:00h
Lugar: Santa María de Europa, rúa Xílgaros. A Carballeira
Prazo de inscrición: ata o 12 de maio
Gratuíta e dirixida a todos os públicos.
Recordamos que a sala de exposicións “Escolma de escultura“, ubicada ao carón do Claustro de San Francisco na cidade de Ourense, ten abertas as súas portas ao público cun aforo limitado.
Convidamosvos a visitar este interesante espazo da nosa cidade e a excelente escolma de escultura que acolle, con pezas que abranguen unha ampla cronoloxía dende a Idade do Bronce ata o Barroco.
Horario:
De martes a sábado de 9.00 a 21.00 horas
Domingo de 9.00 a 15.00 horas
Luns e festivos pechada
Porque a cultura e a lingua de Galicia están na casa, pero non paran, actuando como unha fiestra aberta ó servizo da sociedade. E porque todos queremos máis cultura e lingua nestes difíciles momentos que estamos a atravesar todos xuntos.
Vídeo realizado para a exposición organizada polo Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense en 2019-2020: «Santomé. Conxunto Arqueolóxico Natural» que recrea a reconstrución virtual da trébede de Santomé.
Vídeo realizado para a exposición organizada polo Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense en 2019-2020: «Santomé. Conxunto Arqueolóxico Natural» que recrea a reconstrución virtual dos sectores I e II.
Vídeo realizado para a exposición organizada polo Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense en 2019-2020: «Santomé. Conxunto Arqueolóxico Natural» que amosa a reconstrución virtual do asentamento castrexo.
Marcelo Macías 175 Aniversario. Cruz de Montealegre from musarqourense on Vimeo.
Vídeo da exposición: “Voando o pasado. Fotografía aérea e arqueoloxía en Galicia”
Vídeo coa evolución da cidade realizado para a exposición “Alicerces. Evolución urbana de Ourense do século XVI ao XX”
O musarqourense presenta o vídeo coa reconstrución en 3D «Evolución histórica do edificio do Museo Provincial de Ourense».
Este filme reflexa os resultados das escavacións e investigacións que durante anos foron levadas a cabo no inmoble.
O edificio coñecido como Pazos, Torres e Curral do bispo é un dos escasos exemplos de arquitectura románica civil conservada ao que se foron engadindo soportes representativos de cada tempo histórico.
Dende o 20 de novembro de 2019 ata o 8 de marzo de 2020 permanecerá aberta na Sala de Exposicións Afundación en Ourense (praza Maior, 4) a exposición SANTOMÉ. CONXUNTO ARQUEOLÓXICO-NATURAL, organizada polo Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense.
Horario:
De luns a venres de 17.30 a 20.30h
Sábados, domingos e festivos das 12.00 ás 14.00 h e das 17.30 ás 20.30 h
Entrada de balde.
Dende o 31 de outubro de 2018 ata o 20 de xaneiro de 2019 permanecerá aberta na sala de exposicións Afundación en Ourense (praza Maior, 4) a exposición MARCELO MACÍAS. 175 ANIVERSARIO, organizada polo Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense.
Horario:
De luns a venres de 17.30 a 20.30h
Sábados, domingos e festivos das 12.00 ás 14.00 h e das 17.30 ás 20.30 h
Entrada de balde.
A fotografía aérea aplicada á investigación do patrimonio arqueolóxico ademais de ofrecer imaxes vistosas e mesmo espectaculares dos xacementos é, por riba de todo, unha ferramenta de traballo que detecta as anomalías na superficie da terra derivadas da presenza do home.
A fotografía aérea aplicada á investigación do patrimonio arqueolóxico ademais de ofrecer imaxes vistosas e mesmo espectaculares dos xacementos é, por riba de todo, unha ferramenta de traballo que detecta as anomalías na superficie da terra derivadas da presenza do home.
Exposición: DOCUMENTO ESTÉTICO. FOTOGRAFÍAS DE OURENSE DO MARQUÉS DE SANTA MARÍA DEL VILLAR, no PACC
O Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense ofrece unha mostra sobre Diego Quiroga Losada, Marqués de Santa María del Villar (1880 – 1976), fotógrafo de orixinal personalidade, cunha profunda preocupación pola protección e defensa do patrimonio cultural.
A fotografía aérea aplicada á investigación do patrimonio arqueolóxico ademais de ofrecer imaxes vistosas e mesmo espectaculares dos xacementos é, por riba de todo, unha ferramenta de traballo que detecta as anomalías na superficie da terra derivadas da presenza do home.
Paxinación
- First page
- Páxina anterior
- …
- 24
- 25
- 26
- 27
- 28
- 29
- 30
- 31
- 32
- …
- Páxina Seguinte
- Last page