Esta exposición, producida polo Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, foi pensada para render homenaxe a todos aqueles arqueólogos que fixeron posible reconstruir a nosa historia. A través das fotografías expostas, hoxe auténticos documentos históricos, podemos coñecer o seu traballo.
Busca
O Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense ofrece unha mostra sobre Diego Quiroga Losada, Marqués de Santa María del Villar (1880 – 1976), fotógrafo de orixinal personalidade, cunha profunda preocupación pola protección e defensa do patrimonio cultural.
O Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense e a súa historia como institución están intimamente ligados á investigación arqueolóxica desenvolvida ao longo dos anos na provincia de Ourense.
Responsables desta simbiose, entre outros, foron os membros da Comisión Provincial de Monumentos de Ourense que, co seu traballo e dedicación, conseguiron crear o museo ao tempo que impulsaron a actividade arqueolóxica na provincia.
Por medio da documentación custodiada nos diferentes arquivos de Galicia e de pezas representativas dese momento, mostrase a evolución da cidade de Ourense neses cinco séculos. Completa a exposición un vídeo coa evolución urbana e recreacións en 3D de edificios que forman parte do que se coñece como arquitectura de papel e doutros xa desaparecidos.
Do 26.11.2015 ao 28.02.2016
Na sala de exposicións temporais do Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa, en San Cibrao de Las pódese visitar esta exposición que é o resultado do proxecto de investigación e recuperación da cerámica castrexa en Galicia realizado pola Fundación Terra Termarum
Na sala de exposicións temporais do Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa, en San Cibrao de Las pódese visitar esta exposición que é o resultado do proxecto de investigación e recuperación da cerámica castrexa en Galicia realizado pola Fundación Terra Termarum
Dada a gran afluencia de público e o gran interese que está suscitando a exposición O Padre Feijoo.
O día 27 de novembro ás 20.00 h inaugurase a exposición “Os satélites. Parada Justel” organizada polo Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense no Centro Municipal José Ángel Valente (Rúa do Paseo, 20. Antigo Banco de España).
A exposición permacerá aberta do 27 de novembro de 2014 ó 2 de febreiro de 2015.
Horario
De martes a sábado: de 11.00 a 13.30h e de 18.30 a 21.30 h
Domingo: de 11.00 a 13.30 h
Luns e festivos pechado
A exposición “O Padre Feijoo. Cidadán libre da República Literaria” inaugurouse o luns, 13 de setembro na sala de exposicións do Centro Social Afundación (Praza Maior, 4).
Horario da exposición:
de luns a venres de 17.30 a 20.30 h
sábados, domingos e festivos: de 12.00 a 14.00 h e de 17.30 a 20.30 h
Entrada de balde.
A Casa da Viúva de A Gudiña acolle esta exposición que ten por obxectivo dar a coñecer, de forma gráfica, a realidade histórica desta ruta. Comisariada pola historiadora Yolanda Barriocanal López, a mostra recolle en 30 paneis a historia desta infraestrutura territorial que vertebrou Galicia no século XVIII.
Inauguración desta exposición itinerante no salón de Actos da Casa do Concello de Laza o día 27 de xuño de 2012 ás 20:00h.
Entrada libre e gratuíta.
Inauguración desta exposición itinerante no Museo das Peregrinacións e de Santiago, en Santiago de Compostela o día 15 de marzo de 2012 ás 20:00h.
Entrada libre e gratuíta.
Inauguración desta exposición itinerante na Sala de Exposicións “A Fábrica” en Allariz o día 7 de decembro de 2011 ás 19:00h.
Permanecerá aberta ata o 25 de decembro.
Entrada libre e gratuíta.
A Exposición O camiño real de Castela a Santiago por Ourense, base do camiño de peregrinación Vía da Prata, pretende dar a coñecer, de forma gráfica, a realidade histórica desta ruta, unha das máis importantes infraestructuras territoriais de Galicia, o proceso histórico da súa formación e transformación e a valoración do seu valor patrimonial.
O Grupo Marcelo Macías participa neste proxecto que se leva a cabo en colaboración coa Consellería de Cultura e Deporte, Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, e que financia a Fundación Pedro Barrié de la Maza, por medio da Convocatoria de proxectos en Colaboración 2006-2007.
As pernas xa non respondían como antano. En 1950, Cuevillas mantiña o porte de dandi que o caracterizara desde os seus anos mozos, mais perdera a axilidade que requiría o traballo dun arqueólogo. Un arqueólogo que non pode ir ao campo non é un arqueólogo completo, pensaba Cuevillas. Á súa dereita, Luís Pericot está de visita en Galicia e para na casa de Cuevillas. Aproveitan para visitar o Castromao. Tres anos máis tarde, durante o III Congreso Nacional de Arqueoloxía, Cuevillas xa non pode acompañalo na subida ao Castro de San Cibrao de Las.
Tan perto, tan lonxe. Ata 1128, cando a ruptura comeza, conservaban Portugal e Galicia unha cultura e territorio común. A independencia do condado de Portugal, cunha liña marcada polo río Miño, foi primeiro máis política que social. Era tan indecisa a fronteira que as numerosas fortificacións que houbo que dispor debían colocarse en zigzag. Saussure dicía que persoas que non se entenden é porque falan distintos idiomas, pois ben falla dicir que ata o século XV Portugal e Galicia mantiveron unha mesma lingua.
Paxinación
- First page
- Páxina anterior
- …
- 25
- 26
- 27
- 28
- 29
- 30
- 31
- 32
- 33
- …
- Páxina Seguinte
- Last page