Con esta exposición achégase á sociedade unha das facianas menos coñecidas do traballo que ten lugar nun museo, facendo visible o cometido dos profesionais que o levan a cabo. As pezas que ilustran os diferentes procesos de conservación e restauración forman parte dos fondos do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense e abranguen un amplo abano cronolóxico con mestres escultores da talla de Juan de Juni ou Mateo de Prado.
Busca
O mércores, 13 de novembro, ás 20:00 h. terá lugar a presentación da Peza do mes: “PICOS CAMPOSANQUENSES”, na sala da exposición “Escolma de Escultura” en San Francisco (Ourense). A explicación correrá a cargo de Vicente Rodríguez Gracia.
Entrada libre.
O mércores, 9 de outubro, ás 20:00 h. terá lugar a presentación da Peza do mes: “UNHA PASAXE DA VIDA DE SAN BIEITO”, na sala da exposición “Escolma de Escultura” en San Francisco (Ourense). A explicación correrá a cargo de Cristina Rodríguez Rodríguez e Francisco Fariña Busto.
Entrada libre.
O Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, no seu afán de divulgar o Patrimonio Cultural da provincia e de conectar coa sociedade, pon ao servizo da comunidade educativa en particular e da sociedade en xeral, desde o 17 de outubro de 2013 ata o 26 de xuño de 2014, todos os xoves de cada semana, visitas guiadas gratuítas ao Conxunto Arqueolóxico-Natural de Santomé (Ourense).
Horarios:
11:00h a 12:00h
12:30h a 13:30h
16:00h a 17:00h
Grupos reducidos
O Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, continuando o seu obxectivo de divulgar o Patrimonio Cultural da provincia e de conectar coa sociedade, pon ao servizo da comunidade educativa en particular e da sociedade en xeral, desde o 17 de outubro de 2013 ata o 26 de xuño de 2014, todos os xoves de cada semana, visitas guiadas gratuítas á Sala de Escultura de San Francisco (Ourense).
Visitas guiadas a grupos
Os xoves de 11:00h a 12:00h e de 12:30h a 13:30h
Grupos reducidos
O mércores, 11 de setembro, ás 20:00 h. terá lugar a presentación da Peza do mes: “CERÁMICA “DE IMITACIÓN” DE PAREDES FINAS EMERITENSES”, na sala da exposición “Escolma de Escultura” en San Francisco (Ourense). A explicación correrá a cargo do arqueólogo Manuel Xusto Rodríguez.
Entrada libre.
O Grupo Marcelo Macías, de colaboradores do Museo e Arquivo Provinciais, no marco das actividades de difusión e promoción cultural que promove, realizou ao longo dos meses de xullo, agosto e setembro de 2013, unha xeira de visitas comentadas no xacemento de Santomé.
As visitas gratuitas fixeronse de xoves a domingo en horario de mañá de 11,30 a 13,30 h. e de tarde, de 17,30 a 21 h. con saída dende a caseta de información do xacemento.
Nesta web poderase acceder a todo o catálogo con diferentes campos de busca: etapa histórica, tipoloxía, estilo, concello, parroquia ou lugar. A catalogación abrangue o territorio dos concellos de Xinzo de Limia, Rairiz de Veiga, Vilar de Santos, Sandiás, Sarreaus, Porqueira, Os Blancos, Trasmiras e Baltar, integrados todos eles na comarca natural da Limia Alta, no sueste da provincia de Ourense.
O mércores, 12 de xuño, ás 20:00 h. terá lugar a presentación da Peza do mes: “PEZAS LÍTICAS PUÍDAS”, na sala da exposición “Escolma de Escultura” en San Francisco (Ourense). A explicación correrá a cargo do arqueólogo Xermán Darriba Barba.
Entrada libre.
O sábado día 18, ás 12:00h na sede do Museo na Praza Maior, o Secretario Xeral de Cultura acompañado polo Director do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, presentará a programación de actividades do Museo para o ano 2013. En dito acto se proxectará un video de recente realización da reconstrucción en 3D das diferentes fases do edificio do Museo, con motivo do día Internacional dos Museos.
O xoves, 16 de maio, ás 11,30h terá lugar a terceira actividade que o Museo ten programada con motivo do Día Internacional dos Museos 2013
VISITA GUIADA Á SALA “ESCOLMA DE ESCULTURA” DE SAN FRANCISCO
(Entrada libre)
Nesta visita tratarase de ofrecer un percorrido cronolóxico polas series de escultura dos fondos do Museo, aproveitando a escolma das coleccións escultóricas en pedra, bronce e madeira que ofrece esta sala, e onde destacan especialmente os guerreiros galaicos e a escultura renacentista.
O mércores, 15 de maio, ás 20,00h, terá lugar a segunda actividade que o Museo ten programada con motivo do Día Internacional dos Museos 2013.
PRESENTACIÓN DA PEZA DO MES: “REI DAVID. Santa María de Covas, Cea”, na sala da exposición “Escolma de Escultura” en San Francisco (Ourense).
A explicación correrá a cargo de Ana Mª Veiga Romero.
Entrada libre.
PROGRAMA DE ACTIVIDADES
14 maio
VISITA GUIADA AO LABORATORIO DE RESTAURACIÓN
O proceso de restauración “in situ” dunha pintura sobre lenzo
12:00h e 17:00h
Duración: 60 minutos
Grupos reducidos
Lugar: Santa María de Europa, rúa Xílgaros. A Carballeira
Prazo de inscrición: ata o 13 de maio
O mércores, 10 de abril, ás 20:00 h. terá lugar a presentación da Peza do mes: “RETRATO DE NAN DE ALLARIZ. Vicente Díaz y González”, na sala da exposición “Escolma de Escultura” en San Francisco (Ourense). A explicación correrá a cargo de Belén Lorenzo Rumbao.
Entrada libre.
O mércores, 13 de marzo, ás 20:00 h. terá lugar a presentación da Peza do mes: “Mural modernista. Jesús Soria”, na sala da exposición “Escolma de Escultura” en San Francisco (Ourense). A explicación correrá a cargo de María del Pilar Núñez Sánchez.
Entrada libre.
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, o Museo das Peregrinacións e de Santiago e o Museo Etnolóxico de Ribadavia, participa nunha iniciativa promovida pola Rede Dixital de Museos de España, a exposición en liña Mulleres ante a adversidade: Tempos e contratempos
O vindeiro xoves, 24 de xaneiro, o Grupo Marcelo Macías presentará os novos volumes do Boletín Avriense correspondentes ós anos 2011-2012 en homenaxe a dona Olga Gallego Domínguez.
O acto de presentación terá lugar no Liceo ás 12.30 h.
O mércores, 9 de xaneiro, ás 20:00 h. terá lugar a presentación da Peza do mes: “Santa Eufemia”, na sala da exposición “Escolma de Escultura” en San Francisco (Ourense). A explicación correrá a cargo do investigador Avelino Rodríguez González.
Entrada libre.
O mércores, 12 de decembro, ás 20:00 h. terá lugar a presentación da Peza do mes de decembro: “Obxectos de perfume romanos”, na sala da exposición “Escolma de Escultura” en San Francisco (Ourense). A explicación correrá a cargo de Xulio Rodríguez González, director do museo.
Entrada libre.
O mércores, 14 de novembro, ás 20:00 h. terá lugar a presentación da Peza do mes de novembro: “Micrólitos”, na sala da exposición “Escolma de Escultura” en San Francisco (Ourense). A explicación correrá a cargo de Vicente Rodríguez Gracia.
Entrada libre.
Paxinación
- First page
- Páxina anterior
- …
- 22
- 23
- 24
- 25
- 26
- 27
- 28
- 29
- 30
- …
- Páxina Seguinte
- Last page