Dada a boa acollida de público, nos diferentes niveis, que está tendo a exposición A restauración no Museo. Criterios e intervencións, que ten lugar no Centro Social de Novacaixagalicia na Praza Maior, e para facilitar a súa visita, o Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense e a Fundación Novacaixagalicia, acordaron mantela aberta ata o día 9 de febreiro de 2014.
Con esta exposición preténdese acercar á sociedade unha das facianas menos coñecidas do traballo que ten lugar nun museo, facendo visible o cometido dos profesionais que o levan a cabo, en relación co resto das funcións que os museos teñen encomendadas.