O Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, continuando o seu obxectivo de divulgar o patrimonio cultural da provincia e de conectar coa sociedade, pon ao servizo da comunidade educativa en particular e da sociedade en xeral, visitas guiadas gratuítas.
Busca
O mércores, 8 de outubro, ás 20.00 h terá lugar a presentación da Peza do mes: “A FOLLA DE GRAO DO PADRE FEIJOO”, na sala da exposición “Escolma de Escultura” en San Francisco (Ourense). A explicación correrá a cargo de Justo Carnicero Méndez-Aguirre.
Entrada libre.
O mércores, 17 de setembro, o Grupo Marcelo Macías presentou o volume XLIII do Boletín Avriense correspondente ó ano 2013.
O acto de presentación tivo lugar no Liceo ás 11.30 h.
O mércores, 10 de setembro, ás 20.00 h terá lugar a presentación da Peza do mes: “A CISTA DA FORXA. VILARIÑO DAS TOUZAS, RIÓS”, na sala da exposición “Escolma de Escultura” en San Francisco (Ourense). A explicación correrá a cargo de Ana María Veiga Romero.
Entrada libre.
O mércores, 11 de xuño, ás 20:00 h terá lugar a presentación da Peza do mes: “Espadas modernas. Séculos XVII ao XX“, na sala da exposición “Escolma de Escultura“ en San Francisco (Ourense). A explicación correrá a cargo de Juan Diego Conde Eguileta e Santiago Vilar Labarta.
As actividades programadas polo Museo con motivo do Día Internacional dos Museos, péchanse co concerto de Mónica de Nut.
Será as 21h. no edificio do Museo, na Praza Maior.
Entrada gratuíta ata completar aforo.
O domingo 18 de maio, Día Internacional dos Museos o Museo Arqueolóxico ten programadas varias actividades, entre as que destaca o Concerto de Mónica de Nut ás 21h.
Ademáis será unha xornada de portas abertas, onde todos os visitantes poderán percorrer o edificio do Museo na Praza Maior en horario de 10 a 14h. e de 18 a 22h. Haberá ademáis dúas visitas guiadas: ás 12h e ás 19h.
O mércores, 14 de maio, ás 20.00 h terá lugar a presentación da Peza do mes: “TABOLEIRO DE XOGO DE AQVIS QVERQVENNIS”, na sala da exposición “Escolma de Escultura” en San Francisco (Ourense). A explicación correrá a cargo de Sonia Engroba Cabana.
Entrada libre.
Vídeo coa presentación das actividades do DIM no Museo Arqueolóxico
Os vínculos creados polas coleccións dos museos é o lema do 2014.
Convidámosvos a participar con nós desta celebración nas diversas actividades gratuítas que terán lugar ao longo de toda a semana.
Con motivo do Día Internacional dos Museos o Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense programou unha serie de actividades.
No marco desta programación, os días 13, 14, 15 e 16 de maio haberá visitas guiadas ao edificio do Museo Arqueolóxico, na Praza Maior.
Horario: 10:00, 11:00, 12:00 e 13:00 h
Cunha duración aproximada de 60 minutos
Grupos limitados a un máximo de 30 persoas
Idade recomendada para participar: a partir de 10 anos
Visita gratuíta
Anótate nos teléfonos: 988 223 884 / 988 230 430 ou envía un correo a mapour@xunta.es
O mércores, 9 de abril, ás 20.00 h terá lugar a presentación da Peza do mes: “COLECCIÓN DE DEBUXOS. DOAZÓN DE JOSÉ MANUEL VALENCIA SOTELO”, na sala da exposición “Escolma de Escultura” en San Francisco (Ourense). A explicación correrá a cargo de María del Pilar Núñez Sánchez.
Entrada libre.
O mércores, 12 de marzo, ás 20.00 h terá lugar a presentación da Peza do mes: “PRANCHA DE GRAVADO. SANTO CRISTO DE OURENSE”, na sala da exposición “Escolma de Escultura” en San Francisco (Ourense). A explicación correrá a cargo de Belén Lorenzo Rumbao.
Entrada libre.
O Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense participa no catálogo temático en rede Tradición e Modernidade, da cuarta edición de Patrimonio en Feminino, no marco de colaboración da Rede Dixital de Coleccións de Museos de España que organiza o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, con motivo do Día Internacional da Muller Traballadora.
O mércores, 12 de febreiro, ás 20.00 h terá lugar a presentación da Peza do mes: “ELEMENTO ARQUITECTÓNICO DA ERMIDA DA NOSA SEÑORA DO POSÍO”, na sala da exposición “Escolma de Escultura” en San Francisco (Ourense). A explicación correrá a cargo do historiador Avelino Rodríguez González.
Entrada libre.
O mércores, 8 de xaneiro, ás 20.00 h terá lugar a presentación da Peza do mes: “VASO DA IDADE DO BRONCE DE PARDOLLÁN, VALDEORRAS”, na sala da exposición “Escolma de Escultura” en San Francisco (Ourense). A explicación correrá a cargo do arqueólogo José Suárez Otero.
Entrada libre.
Dada a boa acollida de público, nos diferentes niveis, que está tendo a exposición A restauración no Museo. Criterios e intervencións, que ten lugar no Centro Social de Novacaixagalicia na Praza Maior, e para facilitar a súa visita, o Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense e a Fundación Novacaixagalicia, acordaron mantela aberta ata o día 9 de febreiro de 2014.
Con esta exposición achégase á sociedade unha das facianas menos coñecidas do traballo que ten lugar nun museo, facendo visible o cometido dos profesionais que o levan a cabo. As pezas que ilustran os diferentes procesos de conservación e restauración forman parte dos fondos do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense e abranguen un amplo abano cronolóxico con mestres escultores da talla de Juan de Juni ou Mateo de Prado.
O mércores, 13 de novembro, ás 20:00 h. terá lugar a presentación da Peza do mes: “PICOS CAMPOSANQUENSES”, na sala da exposición “Escolma de Escultura” en San Francisco (Ourense). A explicación correrá a cargo de Vicente Rodríguez Gracia.
Entrada libre.
O mércores, 9 de outubro, ás 20:00 h. terá lugar a presentación da Peza do mes: “UNHA PASAXE DA VIDA DE SAN BIEITO”, na sala da exposición “Escolma de Escultura” en San Francisco (Ourense). A explicación correrá a cargo de Cristina Rodríguez Rodríguez e Francisco Fariña Busto.
Entrada libre.