Festival Pórtico do Paraíso: Wolodymyr Smishkewych

Festival Pórtico do Paraíso: Wolodymyr Smishkewych

O Festival Internacional de Música de Ourense Pórtico do Paraíso foi pensado para ofrecer ao seu público a posibilidade de escoitar solistas e grupos dunha calidade moi alta ou incluso excepcional no mellor do noso patrimonio arquitectónico.

A Catedral, de cuxo Pórtico toma o nome o Festival, ten un especial protagonismo pois nela ábrese cada edición cun concerto de música sacra.

O Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense será o escenario da interpretación de Wolodymyr Smishkewych o martes, día 6 ás 20:30h.

O Concello de Ourense asume a organización do Festival, e a Deputación de Ourense xunto coa Asociación Pórtico Musical a coorganización. A Xunta de Galicia a través da AGADIC refórzao coa súa colaboración.

XI Festival Internacional de Música de Ourense Pórtico do Paraíso