O luns 7 e o luns 14 de agosto o edificio do Museo na Praza Maior será o espazo no que o Cineclube Padre Feijoo proxectará ”Corpse Bride” (A noiva cadáver) e “Brendan and the Secret of Kells” (O segredo do libro de Kells).
Acceso pola rúa Primavera – Praza San Marcial
Actividade de balde ata completar aforo
07/08/2017 ás 22.00 h
“Corpse Bride” (A noiva cadáver)
Tim Burton e Mike Johnson (EUA, 2005) 75 min. Animación. Non recomendada para menores de 7 anos.
Un home pon no dedo dunha muller morta, como broma, un anel de compromiso. Pero o que non sabe o pobre mortal é que a morta reclamará os seus dereitos como “prometida”.
Premios
2005: Nomeada ao Oscar: Mellor longametraxe de animación
2005: Festival de Sitges: Sección oficial a concurso
“O mellor de todo é a historia de amor. (…) Disfrazado de filme famliar, Burton evoca unha obsesión escuramente erótica con reminiscencias a Edgar Allan Poe e ao ‘Vertigo’ de Hitchcock”. (Peter Travers, ROLLING STONE)
Ficha no Filmaffinity da NOIVA CADÁVER
14/08/2017 ás 22.00 h
”Brendan and the Secret of Kells” (O segredo do libro de Kells)
Tomm Moore e Nora Twomey (Irlanda, 2009) 75 min. Animación. Apta para todolos públicos e especialmente recomendada para a infancia.
Brendan é un monxe de 12 anos que vive na remota abadía fortificada de Kells, na Irlanda do século XI. Cos outros irmáns, axuda a construír unha muralla para resistir os asaltos dos viquingos. Unha nova vida de aventuras preséntase cando coñece a un famoso mestre que chega de terras estranxeiras, coidando dun antigo libro máxico que está inacabado. Coa esperanza de terminalo, Brendan sairá da abadía por primeira vez e internarase no perigoso bosque, habitado por todo tipo de criaturas…
Premios
2009: Oscar: Nomeada á mellor película de animación
2009: Premios Annie: Nomeada a mellor película
2009: Festival de Annecy: Premio da audiencia. Nomeada á mellor película