Tan perto, tan lonxe. Ata 1128, cando a ruptura comeza, conservaban Portugal e Galicia unha cultura e territorio común. A independencia do condado de Portugal, cunha liña marcada polo río Miño, foi primeiro máis política que social. Era tan indecisa a fronteira que as numerosas fortificacións que houbo que dispor debían colocarse en zigzag. Saussure dicía que persoas que non se entenden é porque falan distintos idiomas, pois ben falla dicir que ata o século XV Portugal e Galicia mantiveron unha mesma lingua.