Na sala de exposicións temporais do Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa, en San Cibrao de Las pódese visitar esta exposición que é o resultado do proxecto de investigación e recuperación da cerámica castrexa en Galicia realizado pola Fundación Terra Termarum que ten como obxectivo a elaboración dunha colección de réplicas cerámicas castrexas completamente documentadas a nivel formal, mantendo unhas referencias históricas e arqueolóxicas en canto a acabamentos, texturas e formas e tratando de caracterizar con elas o conxunto tipolóxico documentado dos castros galegos de referencia.
Seleccionáronse aquelas pezas mellor conservadas das que se coñece a forma completa e das que se ten máis información, incluíndo desde as pezas máis comúns ata as máis decoradas, nunha mostra de xacementos castrexos que definan os parámetros temporais e territoriais do mundo da Idade do Ferro en Galicia.
Permanecerá aberta ata o 30 de decembro de 2015