Exposición: “Os satélites. Parada Justel”

Exposición: “Os satélites. Parada Justel”

O día 27 de novembro ás 20.00 h  inaugurase a exposición “Os satélites. Parada Justel” organizada polo Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense no Centro Municipal José Ángel Valente (Rúa do Paseo, 20. Antigo Banco de España).

 

A exposición permacerá aberta do 27 de novembro de 2014 ó 2 de febreiro de 2015.

Horario

De martes a sábado: de 11.00 a 13.30h e de 18.30 a 21.30 h

Domingo: de 11.00 a 13.30 h

Luns e festivos pechado

 

O Museo ofrece visitas guiadas gratuítas á exposición. Cunha duración aproximada dunha hora darase a coñecer o cadro “Os satélites” explicando o seu recente proceso de restauración e farase un percorrido pola obra pictórica de Ramón Parada Justel para entender mellor a súa traxectoria vital e artística.

Diariamente haberá dúas visitas programadas: ás 12.00 h e ás 20.00 h.

Fóra dese horario, existe a posibilidade de realizar unha reserva previa para grupos (cun mínimo de 5 e un máximo de 25 persoas).

Ademáis, ós escolares ofréceselle un programa didáctico adaptado aos diferentes niveis educativos: infantil, primaria e secundaria.

 

Información e reservas no teléfono 678 286 007 ou no correo electrónico cristinarestaura@gmail.com