NESTE MOMENTO ESTAMOS ABERTOSNESTE MOMENTO ESTAMOS PECHADOS
ABERTOPECHADO
HORARIOSHORARIOSHORARIOS
LOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓN
Biblioteca do museo. Edificio Santa Mª de Europa (A Carballeira)

Rúa Xílgaros s/n. Tfno.: 988 788 439 | Fax: 988 788 450

De luns a venres de 9.00 a 14.00 horas

Exposición: “Escolma de Escultura”. Sala San Francisco (edificio anexo ao claustro)

Rúa da Granxa s/n. Tfno.: 988 788 417

De martes a sábado de 9.00 a 21.00 horas

Domingo de 9.00 a 15.00 horas

Luns e festivos pechado

Rúa da Granxa s/n.
Tfno.: 988 788 417

Peza do día: Xerra procedente do enxoval dunha cista da Praia da Rola

Peza do día: Xerra procedente do enxoval dunha cista da Praia da Rola

#aculturasegue

En setembro de 1996 Xavier Perdiz fai unha chamada urxente ó Museo alertando sobre unha posible descoberta na praia da Rola, nas beiras do encoro das Conchas en Muíños. Un coche todoterreo afundira unha pedra e por baixo dela se albiscaba o que podía ser unha cerámica. Francisco Fariña, daquela director do Museo, achegouse ó lugar na súa compaña e na de Rubén Perdiz e Xurxo Gamallo, identificando unha cista, formada por cinco lousas, pequenas e irregulares, chantadas e cubertas parcialmente por outras dúas horizontais, vencidas polo peso da roda do coche. O enxoval cerámico atopado no seu interior correspondía a un enterramento individual, moi semellante ós outros exemplos de cistas do primeiro Bronce en Galicia. Ademáis, a presenza de restos óseos calcinados indicaba un ritual de cremación previo, tamén atribuíble ó horizonte do Bronce inicial, cunha cronoloxía que debemos situar entre os anos 1900-1500 a. C. , e que responde a unha das formas dos diversos rituais de enterramento que coa súa ampla variabilidade, segundo a opinión de Cuevillas, define un dos rasgos peculiares desa etapa en Galicia e no NW Peninsular, con vínculos e relacións con fenómenos coetáneos doutros finisterres atlánticos.

Esta peza cerámica do enxoval é unha xerra con perfil en S, corpo globular e colo desenvolto, con asa de cinta que sae da panza (onde se insertou mediante botón cravado na parede, punto polo que rompeu) e acada o bordo, cun tipo semellante ó que é doado ver nalgunhas pezas das cistas da Pedrosa e doutros xacementos galegos.

Máis información na Peza do mes de xuño de 2001