Co obxectivo de afondar no coñecemento deste importante xacemento, nos últimos dous meses Santomé coñeceu unha nova intervención arqueolóxica, neste caso centrada na ladeira do castro no seu sector sueste, deixando escavada unha superficie de 475 m2 na que queda integrada unha gabia de sondaxe xa efectuada en 1990. Esta intervención non só vai permitir comprender mellor a etapa castrexa, senón que tamén amplía a área para visita.
Busca
O mércores 12 de setembro ás 20.00 h terá lugar a presentación da Peza do Mes de setembro de 2018: “OS QUIXOTES DO MUSEO ARQUEOLÓXICO PROVINCIAL DE OURENSE” na sala da exposición “Escolma de Escultura” en San Francisco (Ourense).
A explicación correrá a cargo de Justo Carnicero Méndez-Aguirre.
Entrada libre.
Marcelo Macías García (1844 – 1941) é a figura referente en Ourense na última década do século XIX e o primeiro terzo do XX no ámbito cultural. Aínda que nado en terras astorganas, Marcelo Macías atopou acomodo en Ourense e desenvolveu a súa valía, liderando canta iniciativa se formulaba no eido cultural. Da súa adaptación á terra e o recoñecemento da comunidade que o acolleu dan fe dous títulos: o de Fillo adoptivo da cidade de Ourense (1917) e Fillo adoptivo de Galicia (1925), ademais das homenaxes que recibiu en vida.
Dende este martes, día 10 de xullo, a sala de exposicións “Escolma de escultura“, ubicada ao carón do Claustro de San Francisco na cidade de Ourense, reabre as súas portas unha vez rematadas as obras de renovación dos espazos expositivos.
Horario:
De martes a sábado de 9.00 a 21.00 horas
Domingo de 9.00 a 15.00 horas
Luns e festivos pechada
A fotografía aérea aplicada á investigación do patrimonio arqueolóxico é unha singular ferramenta de traballo que lle permite ao arqueólogo detectar anomalías sobre a superficie terrestre derivadas da presenza do home. Anomalías ou trazas que son especialmente recoñecibles á vista de paxaro, e que descifradas como se dun código secreto se tratase, nos mostran a imaxe dos xacementos como si se debuxasen nun plano.
Na primavera de 1959, moi preto dos 80 anos, mantiña o Marqués de Santa María del Villar intacta a súa esencia: a paixón pola fotografía unida a unha incansable afección viaxeira. Calidades persoais que destinou á divulgación do patrimonio cultural o que o levou a recorrer practicamente todos os puntos da xeografía española, entre eles, por varias ocasións a provincia de Ourense. Os seus monumentos, a súa paisaxe, as súas xentes captaron a atención do artista e sobre elas escribe nos medios máis importantes do momento.
Hai tantas viaxes como motivos para desprazarse. A visita a un familiar, o desexo de coñecer outros lugares ou unha relación de negocios, por exemplo, son razóns que dende a antigüidade levan ás persoas a recorrer camiños e vereas. Estas vías de comunicación presentan o problema habitual da dificultade de atravesar os ríos que se atopan ao seu paso. As pontes eran custosas e tecnicamente complexas, de modo que, en moitos casos era preciso acudir a unha fórmula máis económica, aínda que tamén máis perigosa: as denominadas “barcas de pasaxe”.
O Pórtico do Paraíso da Catedral de Ourense non tiña acceso dende a súa construción na Idade Media e no século XX vai buscarse unha solución, con interese, ademais, por dotar á catedral dunha praza na súa fachada occidental.
O Pazo de Fontefiz, situado no Val da Peroxa (parroquia de Barra, Coles) está construído con perpiaños de granito e planta en forma de “U” con patio interior, escudo e cheminea de máis de seis metros de altura; ten tamén dous reloxos de pedra e unha capela con retablo barroco. O pazo consta de dúas partes, unha destinada a actividades agrícolas e outra para zona residencial.
Á altura de 1904, data na que se imprimiu a segunda serie do álbum Portfolio de Galicia editado por Pedro Ferrer -publicación á que pertence esta imaxe- a actual rúa do Progreso vivía unha época próspera, moi acaída coa acepción que se lle deu ó seu nome, aínda que en orixe tivese distinto significado. Naceu como estrada mais pronto a súa amplitude e comodidade, que favoreceu o tránsito de mercadorías e persoas, fixo que ó seu carón se instalasen comerciantes e almacenistas, hospedarías e abundantes profesionais liberais que a converteron na principal arteria da cidade.
O lugar onde semella nada mudou continúa a ser territorio de conversa, paseo, mercado e reunión. Iso si, os vellos parladoiros de boticas e librarías foron substituídos por novos locais de ocio e o mercado que lle deu nome na idade media ten hoxe tamén unha vertente máis lúdica. E aínda que a Praza xa non é o centro xeográfico, segue sendo o lugar de referencia no que a comunidade se reúne nas celebracións, loitos ou reivindicacións.
As actuais técnicas de reconstrución en 3D permítennos ofrecer unha imaxe da evolución histórica do antigo Pazo do Bispo de Ourense, Monumento Histórico Artístico desde 1931 e sede principal do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense desde 1951, e efectuar unha correcta interpretación da arquitectura deste edificio.
Estes galardóns, convocados pola Xunta de Galicia, recoñecen o traballo de persoas e institucións nos distintos ámbitos da creación, a conservación do patrimonio e a difusión da cultura galega. Na edición deste ano, o xurado premiou ó Grupo Marcelo Macías na modalidade de Patrimonio Cultural.
O recinto conventual de San Francisco –na súa segunda fábrica– construíuse na primeira metade do século XIV. Actualmente consérvanse in situ o claustro, a sala capitular e os entrepanos murais da igrexa (trasladada a San Lázaro).
Paxinación
- First page
- Páxina anterior
- …
- 28
- 29
- 30
- 31
- 32
- 33
- 34
- 35
- 36
- …
- Páxina Seguinte
- Last page