O xacemento galaico-romano do Monte do Señoriño está situado na parroquia de Santa Mariña de Augas Santas, concretamente no lugar de Armea, concello de Allariz.
Busca
Presentación do libro: ARQUEOLOXÍA DO NOROESTE PENINSULAR EN TEMPOS DE NÓS editado polo Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.
Neste libro que presentamos, Arqueoloxía do noroeste peninsular en tempos de Nós, recóllense as achegas de diferentes especialistas sobre o traballo realizado polos propios integrantes do grupo Nós e do Seminario de Estudos Galegos ao que pertencían e enriqueceron co seu traballo, así como a actividade arqueolóxica que se estaba levando a cabo por outros persoeiros que non pertencían a estes cenáculos pero que estaban desenvolvendo a súa actividade arqueolóxica nesta época no noroeste peninsular.
Sedes temporais
Edificio Santa Mª de Europa.
Biblioteca e área técnica
Edificio Santa María de Europa, Rúa Xílgaros s/n.
A Carballeira 32002 Ourense
Tlf.: +34 988 788 439
Fax: +34 988 788 450
Mail: mapour@xunta.gal
Información xeral
As presentes disposicións regulan o uso do servizo do portal de internet (en diante, o "Portal") que a Xunta de Galicia pon a disposición dos usuarios de internet.
A Xunta de Galicia é a titular do subdominio "musarqourense.xunta.gal" e dos distintos elementos nel incluídos.
Do conxunto arqueolóxico-natural de Santomé proceden dúas cuncas de costelas que son recipientes xeralmente pouco profundos e de boca ampla, cunha decoración ao exterior de costelas moi pronunciadas que se considera que imitan modelos metálicos. As costelas arrancan debaixo do bordo e van esvaecéndose cara á base, plana ou lixeiramente cóncava. Outras características destacadas son as súas grosas paredes, o seu seu bordo vertical –caso da cunca baixa– ou lixeiramente exvasado –caso da cunca alta– e as marcas das ferramentas presentes nas superficies.
O achado do que hoxe falamos é unha peza biface, atopada polo Sr. Augusto Veiga Rubianes en 1986, embutida nun muro, fóra de todo contexto, nos Chaos de Amoeiro.
Nos museos arqueolóxicos consérvanse e expóñense obxectos que en ocasións, co paso dos anos, acaban cunha nova valoración en canto a funcionalidade ou significación. E esta relectura, este avance interpretativo, prodúcese pola revisión permanente das coleccións que atesouran, á luz dos traballos de investigación e publicacións máis recentes, que recollen tanto novos achados semellantes, como innovadoras explicacións froito dos avances proporcionados polas novas tecnoloxías e analíticas que no momento do achado non existían.
Esta peza foi depositada no Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense por Eladio Martínez Estévez e procedía dun túmulo da paraxe do Valiño (Terzas, Cartelle, Ourense). Polo achado casual da peza carecemos de atributos contextuais, agás a procedencia dun túmulo.
O vaso que presentamos foi recuperado no xacemento de Castromao, na campaña de escavación de 2007, dirixida por L. Orero Grandal.
Este tipo de puñal é coñecido como tipo Miraveche-Monte Bernorio, como referencia aos xacementos da Meseta norte (Burgos e Palencia) nos que foi atopado por primeira vez.
Neste Ano Xacobeo 2021 queremos dedicar esta Peza do mes a unha pequena xoia atopada no corazón e xerme da cidade de Ourense, As Burgas. Á beira destas surxencias termais atópase a Casa dos Fornos, escavada polo arqueólogo Celso Rodríguez Cao en 2005, onde descubriu que a súa planimetría se corresponde coa dun edificio terapéutico e relixioso do século I d. C. que aproveitaba o manancial termal polas calidades minerais e caloríferas destas augas.
Este portapenacho (apex), fabricado en bronce, pertenceu a un casco do modelo Weisenau. Apareceu durante as escavacións realizadas por Antonio Rodríguez Colmenero no campamento militar romano de Aquae Querquennae (Porto Quintela, Bande, Ourense).
A peza que hoxe presentamos, un prato de cerámica bracarense, rexistrouse no museo co número DX1209/26. A restauradora Iria Veloso foi a encargada da súa limpeza e reintegración, como nos explica no documento anexo.
A cerámica bracarense é unha cerámica fina de carácter rexional que se caracteriza por unha pasta clara, de cor crema ou castaño suave, moi decantada e depurada, que se cobre, ás veces, no exterior, dun engobe alaranxado, aínda que pode aparecer sen el.
Un dos logros que a Compañía de Xesús achegou ao mundo foi dotalo dunha rede de farmacias, que se orixina nos séculos XVI – XVIII, e conxuga a «medicina verde» (raíces, follas, resinas) coa teórica de libros de autores clásicos, coma Dióscorides e Galeno.
Esta peza do Museo é única por varias razóns: primeiramente, porque é a única conservada da botica de Monterrei; en segundo lugar, non se conserva outra en Galicia; e terceira razón, porque forma parte dunha iconografía propia, que teñen outras farmacias do resto de España, co escudo da Compañía de Xesús.
A peza que presentamos é unha punta Palmela procedente das sondaxes realizadas no xacemento denominado “Illa de Pazos”. Este lugar do interior de Galicia, situado na parroquia de Barxés, termo municipal de Muíños e provincia de Ourense, recibe este curioso nome porque ocupa un outeiro ocasionalmente rodeado polas augas do encoro das Conchas, no río Limia, converténdoo nunha illa cando o nivel das augas acadan a cota máis elevada de inundación.
A presente peza é unha fíbula realizada a partir dunha pequena placa de bronce que conta nas súas esquinas cuns remates en forma de bóla faltando, por rotura histórica, unha destas esquinas.
Paxinación
- First page
- Páxina anterior
- …
- 31
- 32
- 33
- 34
- 35
- 36
- 37
- 38
- 39
- …
- Páxina Seguinte
- Last page