NESTE MOMENTO ESTAMOS ABERTOSNESTE MOMENTO ESTAMOS PECHADOS
ABERTOPECHADO
HORARIOSHORARIOSHORARIOS
LOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓN
Biblioteca do museo. Edificio Santa Mª de Europa (A Carballeira)

Rúa Xílgaros s/n. Tfno.: 988 788 439 | Fax: 988 788 450

De luns a venres de 9.00 a 14.00 horas

Exposición: “Escolma de Escultura”. Sala San Francisco (edificio anexo ao claustro)

Rúa da Granxa s/n. Tfno.: 988 788 417

De martes a sábado de 9.00 a 21.00 horas

Domingo de 9.00 a 15.00 horas

Luns e festivos pechado

Rúa da Granxa s/n.
Tfno.: 988 788 417

Fíbula. Casaio (Carballeda de Valdeorras)

Fíbula. Casaio (Carballeda de Valdeorras)

Maio 2022
-
Carlos Tejerizo-García, Mario Fernández Pereiro e Diego Torres Iglesias
Fíbula. Casaio (Carballeda de Valdeorras)
Fíbula. Casaio (Carballeda de Valdeorras)

A presente peza é unha fíbula realizada a partir dunha pequena placa de bronce que conta nas súas esquinas cuns remates en forma de bóla faltando, por rotura histórica, unha destas esquinas.

As súas dimensións son de 2,66 cm por 2,48 cm, que fan que a peza sexa practicamente simétrica. Na parte posterior, conta coa agulla, duns 3 cm de lonxitude, así como o enganche desta á fíbula mediante unha charnela ou bisagra. Na parte anterior podemos apreciar o que resta da súa decoración, consistente nun patrón de división de figuras xeométricas básicas: un cadrado dividido por unha cruz que á súa vez se atopa no interior dun cadrado maior, formando así un total de oito triángulos rectángulos. No interior de varios destes triángulos consérvanse restos de pasta vítrea de cor verde escura, mentres que nun destes a pasta é de cor vermella intensa.

A súa produción sería feita a molde nunha soa peza e posteriormente engadiríase a agulla. En calquera caso, todos os datos demostrarían que a peza é un obxecto de xoiaría de gran calidade, cun uso de materias primas sofisticado que precisaría dun coñecemento tecnolóxico avanzado. Así mesmo, é moi posible que o obradoiro onde se fixo esta peza se atopase fóra de Casaio, polo que sería un obxecto importado e, polo tanto, de certa relevancia social e económica.