Cuncas de costelas. Conxunto arqueolóxico-natural de Santomé
Do conxunto arqueolóxico-natural de Santomé proceden dúas cuncas de costelas que son recipientes xeralmente pouco profundos e de boca ampla, cunha decoración ao exterior de costelas moi pronunciadas que se considera que imitan modelos metálicos. As costelas arrancan debaixo do bordo e van esvaecéndose cara á base, plana ou lixeiramente cóncava. Outras características destacadas son as súas grosas paredes, o seu seu bordo vertical –caso da cunca baixa– ou lixeiramente exvasado –caso da cunca alta– e as marcas das ferramentas presentes nas superficies.
Desde o punto de vista cronolóxico, aparecen en época de Augusto e continúan en uso ata comezos do século II d. C. converténdose así nun verdadeiro fósil director de niveis arqueolóxicos do século I d. C.