Cerámica bracarense. Campamento Aquae Querquennae
A peza que hoxe presentamos, un prato de cerámica bracarense, rexistrouse no museo co número DX1209/26. A restauradora Iria Veloso foi a encargada da súa limpeza e reintegración, como nos explica no documento anexo.
A cerámica bracarense é unha cerámica fina de carácter rexional que se caracteriza por unha pasta clara, de cor crema ou castaño suave, moi decantada e depurada, que se cobre, ás veces, no exterior, dun engobe alaranxado, aínda que pode aparecer sen el.
A presenza significativa deste tipo de vaixela de mesa en Aquae Querquennae, debe estar relacionada coa subministración á lexión situada neste campamento.