NESTE MOMENTO ESTAMOS ABERTOSNESTE MOMENTO ESTAMOS PECHADOS
ABERTOPECHADO
HORARIOSHORARIOSHORARIOS
LOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓN
Biblioteca do museo. Edificio Santa Mª de Europa (A Carballeira)

Rúa Xílgaros s/n. Tfno.: 988 788 439 | Fax: 988 788 450

De luns a venres de 9.00 a 14.00 horas

Exposición: “Escolma de Escultura”. Sala San Francisco (edificio anexo ao claustro)

Rúa da Granxa s/n. Tfno.: 988 788 417

De martes a sábado de 9.00 a 21.00 horas

Domingo de 9.00 a 15.00 horas

Luns e festivos pechado

Rúa da Granxa s/n.
Tfno.: 988 788 417

Albarelo da farmacia do colexio Santiago Apóstolo S. I. de Monterrei (Ourense)

Albarelo da farmacia do colexio Santiago Apóstolo S. I. de Monterrei (Ourense)

Xaneiro 2022
-
Justo Carnicero Méndez-Aguirre
Albarelo da farmacia do colexio Santiago Apóstolo S. I. de Monterrei (Ourense)
Albarelo da farmacia do colexio Santiago Apóstolo S. I. de Monterrei (Ourense)

Un dos logros que a Compañía de Xesús achegou ao mundo foi dotalo dunha rede de farmacias, que se orixina nos séculos XVI – XVIII, e conxuga a «medicina verde» (raíces, follas, resinas) coa teórica de libros de autores clásicos, coma Dióscorides e Galeno.

Esta peza do Museo é única por varias razóns: primeiramente, porque é a única conservada da botica de Monterrei; en segundo lugar, non se conserva outra en Galicia; e terceira razón, porque forma parte dunha iconografía propia, que teñen outras farmacias do resto de España, co escudo da Compañía de Xesús.

Este albarelo chegou ao Museo Arqueolóxico en xaneiro de 1905. A cerámica é de tipo Talavera, con escudos en azul cobalto que destacan sobre o branco estannífero. Ten de alto 28 cm e de boca 10 cm de diámetro e no seu campo está o escudo co anagrama da Compañía de Xesús con inscrición (IHS), cruz e tres cravos.