O venres 2 de decembro, ás 12 horas, tivo lugar o acto de inauguración da exposición "Plástica Castrexa" organizada polo Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, na sala de exposicións Afundación en Ourense (Praza Maior, 4).
Busca
-
Onde:
Praza Maior, 4. Ourense -
Datas:
2 decembro / 26 febreiro 2023
-
Horario:
Luns a venres: de 17.30 a 20.30 h
Sábados, domingos e festivos: de 12.00 a 14.00 h. e de 17.30 a 20.30 h
-
Entrada:
Gratuíta
Con motivo das obras realizadas na estrada N-525, ao abeiro do coñecido como Plan de accesos a Galicia, levado a cabo na primeira metade da década dos anos 70 do século XX, que tiña por obxecto mellorar o trazado desta vía, tivo lugar o descubrimento desta peza, xunto cuns fragmentos de terra sigillata, nas proximidades da cidade de Ourense, á altura do lugar de Papón. Manuel Blanco Guerra, coñecedor do achado, deu conta deste no diario La Región, o 3 de xaneiro de 1974.
O mércores 14 de decembro ás 20.00 h terá lugar a presentación da Peza do Mes de decembro de 2022: “MORTEIRO DE SATURNINUS. PAPÓN. OURENSE” na sala da exposición “Escolma de Escultura” en San Francisco (Ourense).
A explicación correrá a cargo do director do Museo, Xulio Rodríguez González.
Entrada libre.
Ata o 26 de febreiro podes visitar este proxecto na Sala de exposicións Afundación de Ourense, no que se mostra a plástica castrexa do Museo Arqueolóxico. Damos a coñecer a súa riqueza patrimonial.
DIDÁCTICA
VISITA CONTO OBRADOIRO | INFANTIL a 3º PRIMARIA | Antepasad@s picapedra
VISITA OBRADOIRO | 4º e 5º de PRIMARIA, 1º e 2º ESO | Atlantes de martelo e cicel
VISITA OBRADOIRO | 3º e 4º ESO, BACHARELATO e CF | Plástica Castrexa
Duración 1 h 30 min. De balde.
O Museo conserva os seis volumes dos Arquivos do Seminario de Estudos Galegos (ASEG) proveniente dos fondos da Comisión de Monumentos.
O mércores, 11 de xaneiro, ás 20.00 h na sala da exposición “Escolma de Escultura” en San Francisco (Ourense), terá lugar a presentación da Peza do mes de xaneiro de 2023: “ARQUIVOS DO SEMINARIO DE ESTUDOS GALEGOS“.
A explicación correrá a cargo de Afonso Vázquez-Monxardín Fernández.
Entrada libre.
O mango de coitelo do castro do Castelo de Laias (Cenlle, Ourense) remítenos á cultura material máis descoñecida da Idade do Ferro, aquela elaborada a partir de diversos tipos de materiais vexetais (madeira, cortiza, talos, follas, etc.). Esta cultura material de natureza efémera foi predominante no pasado, investigacións e achados recentes teñen permitido ampliar o noso coñecemento dela, e comezan a revelar a súa diversidade e os coñecementos técnicos e ambientais que atesoura.
Esta escultura de factura gótica situábase en Mariñamansa, ás aforas da cidade de Ourense, nun cruceiro coñecido como Cruz de Santa Eufemia. Datable nos inicios do século XIV, é testemuño do culto á mártir Santa Eufemia e da súa importancia na cidade de Ourense, sendo así mesmo unha das máis antigas manifestacións dos cruceiros conservados.
Nas excavacións realizadas no xacemento arqueolóxico chamado Coto do Mosteiro, situado nun outeiro dominante a 4.5 km da vila ourensá do Carballiño, de todos os materiais recuperados, o que máis chamou a atención no seu momento, foi a gran cantidade de moldes de arxila para facer obxectos metálicos. Entre os fragmentos recuperados pódense distinguir moldes para elaboración de alfinetes (prendedores de roupas ou cabelos) con cabeza máis ou menos decorada. Polo material recuperado ó que se asocian estes moldes, cronoloxicamente situaríanse no século I a.C.
Arredor de 1930, Jesús Soria decorou as paredes da súa casa no barrio de O Couto con preciosos murais nos que, coa súa mestría coma debuxante, narra fermosas escenas bucólicas de caza e de figuras femininas portando manxares ou recollendo flores.
Entrañable retrato do poeta e dramaturgo Alfredo Nan de Allariz, caricaturizado como gaiteiro, enarborando a bandeira galega e cun pé en Galicia e outro en Cuba.
Variatio ou interpretación do Rei David da portada das Praterías, realizada por un mestre canteiro. O rei aparece sentado, toucado, vestido con túnica e manto e tocando unha giga ou vihuela de tres cordas.
A peza procede de Santa María de Covas, concello de San Cristovo de Cea, e foi salvada do espolio por don Xesús Ferro Couselo en 1972.
A “Peza do mes” que presentamos parte dos resultados dos traballos, e dos achados materiais das prospeccións e escavacións arqueolóxicas, que o enxeñeiro M. Díez Sanjurjo realizou nos concellos do Carballiño, Cea e Vilamarín. Estas pezas representan un fito histórico para o coñecemento dos enxovais funerarios megalíticos máis interesantes da Prehistoria Recente na provincia de Ourense.
As cerámicas de mesa romanas foron e son na actualidade un dos instrumentos máis importantes cos que conta o arqueólogo para datar as unidades estratigráficas resultantes de toda escavación e entre elas, dentro da cerámica fina, foi sen dúbida a terra sigillata a que tivo unha maior implantación.
Esta representación non forma parte das secuencias habituais da vida de San Bieito pois este é un episodio da vida do Santo relacionado coa fundación de novos mosteiros, atendendo a que o santo abade bendice coa mán dereita e parece entregar o báculo, que sostén na esquerda, ao monxe que o recibe axeonllado. Á cerimonia desenvólvese na porta da igrexa, flanqueda de senllas columnas, que enmarcan ao santo. Un grupo de monxes acompaña ao que recibe o báculo, e outro se difumina no interior da igrexa.
As pezas que nos ocupan son tres picos camposanquenses que proceden dos achados fortuítos da zona litoral de Oia (Pontevedra), recollidos en superficie no primeiro terzo do século XX e ingresados pola Comisión Provincial de Monumentos no fondo do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense.
Todos eles son cuarcitas de erosión e puimento mariño. Talláronse unifacialmente, de forma ruda e con percusor duro. Os tres amosan sinais de rodamento e non amosan pegadas de ter sido enmangados.
Conxunto de cinco pesos elaborados en chumbo, cuxas dimensións varían entre os 3 e os 3,4 cm de lonxitude, 1,4 e 1,6 cm de largo, 1,2 e 1,4 cm de grosor e os 0,4 e 0,6 cm de diámetro do orificio interno. O peso oscila entre 24,8 e 28,4 g. Todas as súas características permiten incluílas entre as pesas de chumbo ocas, elaboradas a partir dunha lámina dobrada sobre sí mesma xerando unha sección en U. Os pesos de chumbo están ben documentados na Península Ibérica, sendo os máis antigos os procedentes de factorías púnicas.
Debuxo realizado por Joaquín Araujo y Ruano no verán de 1887 nunha das viaxes máis proveitosas da súa carreira, que o levou por Astorga e boa parte de Galicia. En Vigo descubriu un dos motivos máis inspiradores para as súas obras: as mariscadoras da ría. Nos seus apuntamentos recolleu diferentes momentos do traballo destas mulleres, as suas roupas, utensilios e as pequenas embarcacións á beira do mar.
Paxinación
- First page
- Páxina anterior
- …
- 34
- 35
- 36
- 37
- 38
- 39
- 40
- 41
- 42
- …
- Páxina Seguinte
- Last page