Para lembrar esta celebración amosamos esta poesía dedicada a Xesús Ferro Couselo en 1941 con motivo do seu ingreso no Corpo Facultativo de Arquiveiros, Bibliotecarios e Arqueólogos. As oposicións celebráronse en Madrid e, según se indica no texto, houbo un xantar na Casa Botín de todos os aspirantes aprobados co tribunal examinador.
O dedicante é un colega de profesión, Alejandro de Gabriel Ramírez, que obtivo destino na Biblioteca do Observatorio de San Fernando en Cádiz. Casado cunha muller de apelidos Brasero Monge, tiveron varios fillos e netos; un deles é Alejandro de Gabriel Arencibia.
Xesús Ferro obtivo como destino a praza de director do Arquivo de Facenda. Tamén tivo ao seu cargo a dirección da Biblioteca, o Arquivo e o Museo Provinciais.