Os vindeiros martes, ás 20 h., no Centro Municipal José Ángel Valente, un especialista falará sobre un aspecto da vida do Ourense dos anos 20.
Busca
Os vindeiros martes, ás 20h., no Centro Municipal José Ángel Valente, haberá un ciclo de conferencias no que persoas especialistas falarán de diversos aspectos da vida de Ourense nos anos 20.
A fotografía, tomada ao redor de 1914, por García del Villar, retrata un grupo de once exploradores, sobre unha ponte de fortuna, tendida sobre un río que atravesa un bosque de carballos e amieiros. O río parece ser o Loña, un dos lugares preferidos para realizar as excursións da Asociación.
O día 11 de outubro, ás 20h, Vicente Rodríguez Gracia presentará a Peza do mes: "Exploradores no Loña. Ca. 1914. García del Villar".
Na sala de exposicións "Escolma de escultura" en San Francisco (Ourense). Entrada libre.
A peza que presentamos corresponde a un fragmento irregular de barro cocido, tendente a unha forma plano-convexa, de cor máis escura na parte superior, por efecto do lume, que na inferior. Procede das escavacións realizadas por Luis Francisco López González e Yolanda Álvarez González, nos anos 1996 e 97, no Castro do Castelo de Laias, con motivo das obras realizadas para a construción da autoestrada das Rías Baixas.
Presenta a peculiaridade de amosar as marcas en profundidade de tres dedos, ademais de gran cantidade de pegadas dactilares en toda a súa superficie.
O día 8 de novembro, ás 20h, Xulio Rodríguez González presentará a Peza do mes: "Pela de barro. Castro de Laias".
Na sala de exposicións "Escolma de escultura" en San Francisco (Ourense). Entrada libre.
O mércores 20 de setembro, tivo lugar o acto de inauguración da exposición de fotografías OURENSE. ANOS 20, organizada polo Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, no Centro Municipal José Ángel Valente (Rúa do Paseo, 20).
O Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, na súa sede histórica na Praza Maior, pecha ao público
en 2002, para acometer obras de remodelación integral e adaptalo a unha museoloxía acorde ás demandas da sociedade do novo século. Os servizos do museo trasládanse ao edificio de Santa María de Europa, onde se almacenan as coleccións, agás unha serie de pezas que, baixo o título «Escolma de Escultura» se exhiben na sala San Francisco, que tamén serve de base para outras actividades puntais.
O día 13 de decembro, ás 20h, Belén Lorenzo Rumbao, Mª del Pilar Núñez Sánchez e Ana Mª Veiga Romero, presentarán a Peza do mes: "Proxecto museográfico do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense. O Territorio".
Na sala de exposicións "Escolma de escultura" en San Francisco (Ourense). Entrada libre.
Na nova exposición permanente do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense os restos arqueolóxicos, conxuntamente coa historia do edificio do Pazo episcopal, explícanse por medio de paneis individualizados formal e graficamente.
O día 10 de xaneiro, ás 20h, Avelino Rodríguez González, presentará a Peza do mes: "Proxecto museográfico do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense. A Cidade", realizada por Manuel Xusto Rodríguez.
Sala de exposicións "Escolma de escultura" en San Francisco (Ourense). Entrada libre.
A peza deste mes Proxecto museográfico. O edificio, e as dúas anteriores que lle precederon, inscríbense no desenvolvemento do Plan museolóxico do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, ferramenta de planificación e programación museística, imprescindible para acometer as necesarias obras de remodelación e ampliación do edificio, e adaptación da exposición permanente ás novas correntes museolóxicas.
O día 14 de febreiro, ás 20h, Xulio Rodríguez González presentará a Peza do mes: "Proxecto museográfico do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense. O edificio".
Na sala de exposicións "Escolma de escultura" en San Francisco (Ourense). Entrada libre.
ÍNDICE
PRÓLOGO ... 7
1. INICIAL TRAYECTORIA VITAL DE PADRÓN ... 15
2. SU ESTANCIA EN AMÉRICA ... 19
3. SU CONVERSIÓN A CLÉRIGO SECULAR Y ETAPA EUROPEA ... 21
4. LA ETAPA MADRILEÑA ... 27
5. SU ACTIVIDAD PARROQUIAL ... 33
6.RUIZ DE PADRÓN DIPUTADO EN CÁDIZ ... 41
7. LA ABOLICIÓN DEL VOTO DE SANTIAGO ... 47
8. LA ABOLICIÓN DE LA INQUISICIÓN ... 48
9. PROPUESTA PARA REGENTE A DOÑA CARLOTA DE BORBÓN ... 61
10. LA DESPEDIDA DE CÁDIZ ... 69
11. EL PROCESO CONTRA RUIZ DE PADRÓN ... 71
Esta escultura é un guerreiro galaico.
Os guerreiros galaicos son esculturas dos castros.