NESTE MOMENTO ESTAMOS ABERTOSNESTE MOMENTO ESTAMOS PECHADOS
ABERTOPECHADO
HORARIOSHORARIOSHORARIOS
LOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓN
Biblioteca do museo. Edificio Santa Mª de Europa (A Carballeira)

Rúa Xílgaros s/n. Tfno.: 988 788 439 | Fax: 988 788 450

De luns a venres de 9.00 a 14.00 horas

Exposición: “Escolma de Escultura”. Sala San Francisco (edificio anexo ao claustro)

Rúa da Granxa s/n. Tfno.: 988 788 417

De martes a sábado de 9.00 a 21.00 horas

Domingo de 9.00 a 15.00 horas

Luns e festivos pechado

Rúa da Granxa s/n.
Tfno.: 988 788 417

Guerreiro galaico

Guerreiro galaico

Esta escultura é un guerreiro galaico.

Os guerreiros galaicos son esculturas dos castros.

Os castros aparecen no norte de España

no ano 800 antes do nacemento de Cristo.

 

Os castros son aldeas ou pobos de casas de pedra

con tellados de palla.

Os castros estaban rodeados

por unha o varias murallas de pedra.

As persoas desa época

construíron moitos castros en lugares altos

para poder defenderse mellor de calquera perigo.

 

Os guerreiros galaicos son grandes esculturas.

Os guerreiros galaicos estaban colocados

na entrada da muralla do castro.

 

Este guerreiro representa un home de fronte.

Ten os brazos pegados ao corpo

como unha persoa nun desfile militar.

 

O guerreiro leva un escudo redondo na mano dereita.

Tamén ten unha espada ancha diante do peito.

 

O guerreiro tamén leva unha camisa cun cinto.

e brazaletes nos brazos.

 

A escultura do guerreiro está feita de granito

que é un tipo de pedra moi dura.

 

Os investigadores din que a escultura tiña cores

para parecer máis real

e asombrar ás persoas que entraban ao castro.

 

Sabemos que o guerreiro é un home importante

porque a súa escultura leva xoias e armas.

 

Os investigadores pensan que os guerreiros galaicos

poden ser deuses da guerra, deuses protectores

ou guerreiros fundadores do castro.

 

Este guerreiro formaba unha parella con outro guerreiro.

Os 2 guerreiros

apareceron cerca do Castro de Armea en Ourense.

Un dos guerreiros servía de tapa dun canal de auga.

O outro guerreiro formaba parte dun muro.

 

Os habitantes da zona

recordan que os nenos xogaban cunha cabeza de pedra.

A cabeza de pedra podía ser dun dos guerreiros

pero agora está perdida.

 

Aínda que a escultura está rota e non está nun castro

sigue sendo un poderoso e misterioso guerreiro galaico.

Anexo Size
Guerreiro galaico (907.84 KB) 907.84 KB