NESTE MOMENTO ESTAMOS ABERTOSNESTE MOMENTO ESTAMOS PECHADOS
ABERTOPECHADO
HORARIOSHORARIOSHORARIOS
LOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓN
Biblioteca do museo. Edificio Santa Mª de Europa (A Carballeira)

Rúa Xílgaros s/n. Tfno.: 988 788 439 | Fax: 988 788 450

De luns a venres de 9.00 a 14.00 horas

Exposición: “Escolma de Escultura”. Sala San Francisco (edificio anexo ao claustro)

Rúa da Granxa s/n. Tfno.: 988 788 417

De martes a sábado de 9.00 a 21.00 horas

Domingo de 9.00 a 15.00 horas

Luns e festivos pechado

Rúa da Granxa s/n.
Tfno.: 988 788 417

Proxecto museográfico do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense. O Territorio

Proxecto museográfico do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense. O Territorio

Decembro 2023
-
Belén Lorenzo Rumbao, María del Pilar Núñez Sánchez e Ana María Veiga Romero
Infografía de una sala del Museo
Infografía de una sala del Museo

O Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, na súa sede histórica na Praza Maior, pecha ao público
en 2002, para acometer obras de remodelación integral e adaptalo a unha museoloxía acorde ás demandas da sociedade do novo século. Os servizos do museo trasládanse ao edificio de Santa María de Europa, onde se almacenan as coleccións, agás unha serie de pezas que, baixo o título «Escolma de Escultura» se exhiben na sala San Francisco, que tamén serve de base para outras actividades puntais.

En estreita relación co proxecto arquitectónico, desenvólvese o novo discurso expositivo, tendo en conta que a misión do Museo Arqueolóxico é dar a coñecer o proceso histórico do seu territorio de referencia, a provincia de Ourense, a través dos bens culturais que integran as súas coleccións. Para iso, a exposición permanente eríxese como principal medio de comunicación dos seus contidos e punto de encontro entre o visitante e a propia institución. Trátase de interpretar a historia de Ourense a través dun itinerario cronolóxico e temático, integrando os restos arqueolóxicos do solar e do propio edificio como un marco de extraordinario valor arquitectónico.