NESTE MOMENTO ESTAMOS ABERTOSNESTE MOMENTO ESTAMOS PECHADOS
ABERTOPECHADO
HORARIOSHORARIOSHORARIOS
LOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓN
Biblioteca do museo. Edificio Santa Mª de Europa (A Carballeira)

Rúa Xílgaros s/n. Tfno.: 988 788 439 | Fax: 988 788 450

De luns a venres de 9.00 a 14.00 horas

Exposición: “Escolma de Escultura”. Sala San Francisco (edificio anexo ao claustro)

Rúa da Granxa s/n. Tfno.: 988 788 417

De martes a sábado de 9.00 a 21.00 horas

Domingo de 9.00 a 15.00 horas

Luns e festivos pechado

Rúa da Granxa s/n.
Tfno.: 988 788 417

«Ourense. Anos 20». Automobilismo

«Ourense. Anos 20». Automobilismo

Automobilismo

Había en Ourense 1332 vehículos matriculados en 1928; en 1915 eran só 59. En 1899, o almacenista Aquiles Paris Fernández adquirira o primeiro automóbil da provincia. Seguírono outros ricos comerciantes e aristócratas que importaron as súas máquinas vía París. Causaban expectación por onde pasaban, ás veces con resultados catastróficos. Como en 1906, cando o auto de Isidoro Temes é apedrado por unha turba nunha viaxe a Pontevedra por considerala unha máquina infernal. É precisamente Isidoro Temes quen inaugura a lista de coches matriculados en Ourense, adiantándose uns meses á Real Orde de 1907 que obriga a portar placas de matrícula e inscribirse no Goberno civil.

En pouco tempo os automóbiles deixaron de ser unha anécdota. Xa na segunda década abundan os negocios que se dedicaban á súa venda, á vez que ofrecían servizos de garaxe e reparación. Chevrolet, Mercedes, Renault, Oakland, Hispano-Suiza ou Ford eran algunhas das marcas máis habituais. A progresiva redución de prezo, impostos baixos e a extensión e mellora do firme das estradas favoreceron a multiplicación de automóbiles. Ao mesmo tempo, regulaméntase adecuadamente a circulación. Despois do primeiro código publicado en 1900, aparecen o de 1918, 1926 e o de 1928 de circulación urbana e interurbana, que no anexo explicaba graficamente como debía ser un adiantamento, como se debía circular por unha rotonda ou mostraba os primeiros modelos de sinais. Previamente, en 1924, establecérase que se debía circular pola dereita no sentido da marcha en todas as vías urbanas.

En 1926 a publicidade da prensa de Ourense anunciaba o coche ideal para a muller: «por fortuna está xeneralizado o agradable costume de que as señoras aporten ao automobilismo o valioso e simpático concurso da súa demostrada pericia no manexo do voante». As mulleres gañaran o dereito a conducir en 1918, e aínda que menos habitual do que dicía o anuncio, houbo mulleres que abriron camiño, a pesar de que para conducir precisaban autorización do pai ou marido e seguían vetadas nos vehículos de servizos.

Anexo Tamaño
«Ourense. Anos 20». Automobilismo (23.39 KB) 23.39 KB