NESTE MOMENTO ESTAMOS ABERTOSNESTE MOMENTO ESTAMOS PECHADOS
ABERTOPECHADO
HORARIOSHORARIOSHORARIOS
LOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓN
Biblioteca do museo. Edificio Santa Mª de Europa (A Carballeira)

Rúa Xílgaros s/n. Tfno.: 988 788 439 | Fax: 988 788 450

De luns a venres de 9.00 a 14.00 horas

Exposición: “Escolma de Escultura”. Sala San Francisco (edificio anexo ao claustro)

Rúa da Granxa s/n. Tfno.: 988 788 417

De martes a sábado de 9.00 a 21.00 horas

Domingo de 9.00 a 15.00 horas

Luns e festivos pechado

Rúa da Granxa s/n.
Tfno.: 988 788 417

«Ourense. Anos 20». Baños de mar

«Ourense. Anos 20». Baños de mar

Baños de mar

Aínda que cada vez máis estendida, a moda de ir á praia a bañarse, era costume e posibilidade da alta sociedade ou cando menos das clases medias. A finais do século XIX, dentro das correntes hixienistas, recomendábanse como remedio de certas doenzas os baños de mar ou de olas. Iso si, tiñan que ser fríos. A principios do século XX as praias frías do norte de España tiñan a primacía no panorama turístico nacional. De Ourense viaxábase a Baiona, Vigo ou A Coruña. En ocasións na prensa ourensá solicitábase axuda para persoas ás que se lle receitaran baños de mar para as súas doenzas e non podían custearse a viaxe. Para resolver este problema o concello de Ourense tiña en 1927 un programa mediante o cal lle sufragaba a estancia no sanatorio marítimo de Oza ás nenas e nenos que figuraban no padrón municipal de pobres.

A medida que avance o século, os adiantos na medicina restaron valor ás crenzas nas propiedades curativas das augas. Os «baños de mar», son agora espazo máis de lecer e socialización. Fóra da auga había que reporse cun refrixerio a base de biscoito e caldo, acompañado dunha copa de viño. Non é estraño que os centros turísticos do litoral comecen a reconducir a súa orientación cara á diversión e o ocio.

O século vai ver como se van alixeirando as prendas de baño. Dos vestidos longos e tocados na cabeza a traxes de baño aparentemente máis cómodos pola redución de centímetros de tela. Nesta década desaparecerán as mangas dos traxes de baño e as medias, mais seguían sendo igualmente pesados ao ser en moitos casos de la.

A finais da década ponse de moda o bronceado. Tamén se leva practicar natación. Todo conduce a que a partir de entón se busque máis o sol e augas máis quentes, de modo que, estas praias frías van ir pouco a pouco cedendo o protagonismo ás praias do sur do país.

Anexo Size
«Ourense. Anos 20». Baños de mar (18.43 KB) 18.43 KB