#DIM 2021. Proxecto didáctico para escolares de Primaria: “Imaxina o teu Museo”

#DIM 2021. Proxecto didáctico para escolares de Primaria: “Imaxina o teu Museo”

Con motivo da celebración do Día Internacional dos Museos 2021, o Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense quere convidar ós centros escolares a súa participación no proxecto “Imaxina o teu Museo”, co fin de retomar a vinculación entre os centros e a futura sede.

Este proxecto consiste en que as rapazas e rapaces do voso centro fagan unha proposta de deseño dunha sala expositiva do museo, ben a través dun debuxo, dunha maqueta ou outra técnica.

Na páxina web do museo poden verse algunhas das pezas coas que conta o museo (http://www.musarqourense.xunta.es/category/peza_mes/) e que poden servir de axuda para a realización da proposta aínda que tamén podemos enviarvos unha selección sobre a que traballar. Para guiarvos e axudarvos na realización do proxecto podedes contactar en todo momento con Begoña Garrido (begogal@xeitura.com)

A data límite de participación é o 10 de xuño. A partir desa data todas as propostas estarán colgadas no Facebook do museo e entre elas sortearanse uns lotes de libros para as bibliotecas dos centros. Ademáis, a proposta máis interesante recibirá como premio un obradoiro de temática arqueolóxica no voso centro, agasallo de Xeitura.

Se estades interesados en participar no proxecto, enviade un correo a reservas@xeitura.com para que se vos sexa enviada a ficha de inscrición e a unidade de traballo.