NESTE MOMENTO ESTAMOS ABERTOSNESTE MOMENTO ESTAMOS PECHADOS
ABERTOPECHADO
HORARIOSHORARIOSHORARIOS
LOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓN
Biblioteca do museo. Edificio Santa Mª de Europa (A Carballeira)

Rúa Xílgaros s/n. Tfno.: 988 788 439 | Fax: 988 788 450

De luns a venres de 9.00 a 14.00 horas

Exposición: “Escolma de Escultura”. Sala San Francisco (edificio anexo ao claustro)

Rúa da Granxa s/n. Tfno.: 988 788 417

De martes a sábado de 9.00 a 21.00 horas

Domingo de 9.00 a 15.00 horas

Luns e festivos pechado

Rúa da Granxa s/n.
Tfno.: 988 788 417

Exposición: DOCUMENTO ESTÉTICO. FOTOGRAFÍAS DE OURENSE DO MARQUÉS DE SANTA MARÍA DEL VILLAR, no PACC

Exposición: DOCUMENTO ESTÉTICO. FOTOGRAFÍAS DE OURENSE DO MARQUÉS DE SANTA MARÍA DEL VILLAR, no PACC

O Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense ofrece unha mostra sobre Diego Quiroga Losada, Marqués de Santa María del Villar (1880 – 1976), fotógrafo de orixinal personalidade, cunha profunda preocupación pola protección e defensa do patrimonio cultural. Cun estilo moi recoñecible no que a súa fotografía busca captar a beleza da imaxe retratada sen máis intervención do fotógrafo que a escolla do momento adecuado de luz, o Marqués de Santa María del Villar é distinguido como o máximo representante da coñecida como fotografía turística, labor que desenvolveu profusamente na prensa de maior tirada, mentres que colaboraba con calquera institución que favorecese o coñecemento das riquezas culturais, naturais e artísticas do país.

Recorreu toda a xeografía española formando un grande arquivo, a pesar da perda dunha parte importante da colección reunida antes de 1936. Moitas das súas fotografías tiñan como obxecto o norte peninsular polo que tiña especial predilección, e por suposto Galicia, terra dos seus ascendentes, á que estivo moi vinculado.

Acostumaba a acompañar con textos as imaxes que publicaba, amenos pero ben documentados, e en ocasións tamén reivindicativos pola desprotección na que se encontraban eses lugares ou monumentos.

No ano 1959 o Marqués de Santa María del Villar realizou unha viaxe pola provincia de Ourense coa finalidade de promover os seus valores patrimoniais. Gran parte da colección de positivos orixinais realizados nesa xeira consérvase no Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, o que permite, a través desta escolma, propor un recorrido por algunhas das paisaxes culturais da provincia, a través da mirada do Marqués de Santa María del Villar.

Sala de exposicións temporais do Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa en san Cibrao de Las